CARBALLO ENCABEZARÁ A CANDIDATURA PARA “IMPULSAR O FUTURO DE NAVIA DE SUARNA CON ILUSIÓN” POR QUE “SABEMOS DO POTENCIAL DO NOSO CONCELLO”
Roberto Carballo será candidato á alcaldía do concello de Navia de Suarna polo BNG
O candidato do BNG afirmou “axilizaremos a apertura do Centro de Día-Residencia, habilitándoa para dependentes, cunha xestión pública e implicando a Xunta de Galiza”
Navia de Suarna, 28 de marzo de 2019. O BNG presentou ao candidato á alcaldía no concello de Navia de Suarna. Roberto Carballo será a persoa que encabece a lista do BNG para as eleccións de maio. Carballo apostou por crear un Centro de Información a Muller (CIM) e unha Oficina Municipal de Información á Xuventude (OMIX). Ademais o candidato do BNG sinalou a necesidade de axilizar a apertura do Centro de Día-Residencia, habilitándoa para dependentes, cunha xestión pública e implicando a Xunta de Galiza.
Carballo afirmou “en Navia precisamos unha xestión democrática e transparente, promovendo a participación veciñal nos asuntos municipais”, e engadiu “temos exemplos de que os gobernos do BNG transforman os concellos como Sarria, Pobra do Brollón, Ribadeo ou Muras e queremos que Navia mire cara o futuro cun goberno que teña proxecto para o noso concello”.
Dende o BNG estase traballarase para aportar ao concello un cambio responsable “que faga política para a nosa xente”. Roberto Carballo afirmou “esixiremos gardas médicas en Navia as 24 horas e dous médicos no Centro de Saúde e ampliaremos o servizo de axuda no fogar para atender as persoas maiores, non dependentes, no seu propio domicilio”.