ARROXO: "A TRANSFORMACIÓN DA CIDADE QUE INICIAMOS DESDE A TENENCIA DE ALCALDÍA CUMPRIU O SEU OBXECTIVO: FACER DE LUGO UN LUGAR MELLOR NO QUE VIVIR, SEGUIREMOS TRABALLANDO PARA QUE A NOSA CIDADE SIGA A MEDRAR"
Lugo fai historia ao superar por primeira vez ós 100.00 habitantes, converténdose na cuarta cidade galega en acadar esta cifra
"Todo este traballo no eido urbanístico, medioambiental, económico, social e dotacional non só está a mellorar a calidade de vida dos cidadáns, senón que tamén fixeron de Lugo un destino atractivo para novos residentes", sinalou Alvarellos
Arroxo: "A transformación da cidade que iniciamos desde a Tenencia de Alcaldía cumpriu o seu obxectivo: facer de Lugo un lugar mellor no que vivir, seguiremos traballando para que a nosa cidade siga a medrar"
Lugo, 25 de xuño de 2024. A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, e Rubén Arroxo compareceron esta mañá na Casa do Concello para anunciar que o municipio de Lugo alcanzou os 100.000 habitantes por primeira vez na súa historia. Deste xeito, Lugo convértese na cuarta cidade galega en superar esta barreira poboacional, aspecto que ten connotacións en asuntos moi relevantes como o financiamento estatal, o asentamento de empresas ou a planificación gobernamental das infraestruturas de comunicación. "Hoxe é un día histórico para Lugo. Este logro non só é un fito demográfico, senón un claro sinal do éxito das nosas políticas e da forza e determinación de todos os que formamos esta comunidade", sinalou Alvarellos.
"Tras este obxectivo, polo que as forzas progresistas que formamos o Goberno local levamos anos traballando, existe unha aposta clara por construír unha cidade de oportunidades, que ofreza a posilibilidade de desenvolver tanto un proxecto persoal como profesional. Lugo é a día de hoxe un destino atractivo para vivir", porseguíu a rexedora quen destacou a importancia das políticas implementadas polo Goberno local para crecer en poboación. "Todo este traballo no eido urbanístico, medioambiental, económico, social, dotacional e administrativo non só está a mellorar a calidade de vida dos nosos cidadáns, senón que tamén fixeron de Lugo un destino atractivo para novos residentes e investidores", concluíu.
Rubén Arroxo, responsábel da Tenencia de Alcaldía e concelleiro área de Mobilidade do Concello de Lugo, afirmou que "no ano 2019 chegabamos ao goberno co obxectivo de facer de Lugo un lugar mellor no que vivir, e iniciamos o proceso para transformar os espazos públicos e a mobilidade da cidade, avanzando neste obxectivo", e engadiu "chegamos por fin á meta dos 100.000 habitantes, toca seguir traballando para continuar a mellorar o concello, seguir crecendo e mellorando a cidade". A chegada aos 100.000 habitantes permitirá, segundo explicou Rubén Arroxo, que o Concello de Lugo sexa candidato a un maior financiamento estatal, ao poder optar a fondos pechados a cidades de máis de 100.000 habitantes, e aumenta o interese empresarial da cidade, dado que moitas empresas só se instalan en cidades cuxo padrón supera esta cifra.
Rubén Arroxo destacou o traballo realizado durante este ano de cara a dinamizar a Praza de Abastos e o Mercado Municipal. "Hoxe podemos ver estes espazos cheos de vida, ocupados por novas xeracións de vendedoras e vendedores que continúan a achegar produtos de calidade a estas dúas instalacións históricas que contan cun emprazamento totalmente renovado", afirmou. Arroxo destacou que Lugo está a ser unha cidade "na que a xente nova está apostando para arrancar o seu proxecto", e afirmou que "este fito custou traballo e tempo, pero o mellor para Lugo está por vir, imos velo en pouco tempo".