A PARTIR DAS 20:30 DARÁ COMEZO O CICLO MURALLEANDO SEN PARAR, QUE SE ESTENDERÁ DURANTE O MES DE XUÑO

Maite Ferreiro anima a “redescubrir a Ronda da Muralla” polo día mundial do Medio Ambiente

A edil de Cultura destacou esta iniciativa “para que a veciñanza descubra o que Ronda da Muralla sen coches pode ofertar”

Maite Ferreiro anima a “redescubrir a Ronda da Muralla” polo día mundial do Medio Ambiente

Lugo, 05 de xuño de 2020. Coincidindo coa celebración do Día Mundial doMedio Ambiente, da comezo a iniciativa Muralleando Sen Parar, coa que a área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua acompañará os paseos pola Ronda da Muralla con música en directo durante as fins de semana, polo menos, do mes de xuño. A edil de Cultura, Maite Ferreiro declarou que “con esta iniciativa queremos animar á veciñanza de Lugo a redescubrir a Ronda da Muralla e o que a súa peonalización pode ofertar a todas e todos os lucenses”.

Muralleando sen Parar é unha aposta da área de Cultura polo tecido culturaldo noso concello, polo son e pola música de Lugo representado nos distintos estilos musicais”, afirmou Maite Ferreiro, que engadiu “malia que agora toda a nosa atención ten que estar posta na crise sanitaria, queremos destacar a importancia deste día Mundial do Medio Ambiente, o primeiro despois da declaración do estado de Emerxencia Climática en moitos países do mundo”. Maite Ferreiro destacou que “o avance de cara a unha sociedade máis comprometida co medio ambiente pasa por reducir o número de vehículos nas rúas e gañar espazos para as persoas”.

Muralleando Sen Parar  comeza hoxe cos grupos Patuk Band, Man de Santo e Pingarela actuando na zona entre San Fernando e o edificio administrativo da Xunta de Galiza, na Mosqueira e en Porta Miñá respectivamente. Mañá, bado 6, Cavianca animará Bispo Aguirre, Lacón con Grelos Blues Band situarase na rúa Nova e The Old Project animará a rúa do Teatro. A primeira fin de semana de Muralleando Sen Parar rematará este domingo, 7 de xuño con Funkombo actuando na zona entre San Fernando e o edificio administrativo da Xunta de Galiza, Muddy Doll na Mosqueira e Ship of Fools en Porta Miñá.

Maite Ferreiro anima a “redescubrir a Ronda da Muralla” polo día mundial do Medio Ambiente