MAITE FERREIRO DESTACOU A IMPORTANCIA DESTAS INICIATIVAS QUE "SUPOÑEN OS CEMENTOS DUNHA SOCIEDADE CONSCIENTE E PREPARADA PARA CONSTRUÍR UN FUTURO SAUDABLE E SOSTIBLE"
Maite Ferreiro anuncia a celebración do VI Congreso 'Nutrición e Sostibilidade' que acollerá o MIHL
O Museo Interactivo da Historia de Lugo é o espazo escollido para a celebración deste congreso o mércores 22 de novembro, en colaboración coa ADINU
A programación terá xornada de mañá e de tarde e contará con faladoiros, exposicións, talleres e debates sobre as diferentes alternativas de alimentación
Maite Ferreiro destacou a importancia destas iniciativas que "supoñen os cementos dunha sociedade consciente e preparada para construír un futuro saudable e sostible"
Lugo, 20 de novembro de 2023. Maite Ferreiro, concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, anunciou a celebración no MIHL do VI Congreso 'Nutrición e Sostibilidade' en colaboración coa Asociación de Dietistas-Nutricionistas Universitarios de Galicia. A mostra acolle unha programación variada que se estenderá durante a mañá e a tarde do vindeiro mércores 22 de novembro, a través de faladoiros, exposicións, talleres e debates con profesionais do eido a cerca das distintas formas de alimentación existentes.
A concelleira destacou a importancia destas iniciativas que "supoñen os cementos dunha sociedade consciente e preparada para construír un futuro saudable e sostible a través dunha alimentación correcta e respectuosa co medio", insistiu Ferreiro. Ademais Maite Ferreiro tamén tivo en conta a escolla de Lugo como escenario do evento, facendo especial fincapé na calidade gastronómica da cidade.
Toda aquela persoa que desexe asistir pode conseguir as entradas ao evento no enderezo online eventbrite.es.
PROGRAMA
Xornada de maña:
9:30 horas - Entrega de acreditacións
9:45 horas - Apertura do VI Congreso
10:00 / 11:00 horas – Sostibilidade alimentaria con Antía Porteiro
11:00 / 12: 00 horas – Exposición empresas alimentarias con Gandería Quintián, Landeira e Cátedra del Pan y Orballo
12:00 / 12:45 – Coffee Break
12:45 / 14:15 – Taller fast-food vexetariana
Xornada de tarde:
17:00 / 18:00 horas - Dieta omnívora vs. Vexetariana con Lucía Terzi e Sara Rivas
18:00 / 19:00 horas – Ética e enfoque psicolóxico da dieta Plant-Based
19:00 horas - Peche