A CONCELLEIRA DE CULTURA E O TENENTE ALCALDE, RUBÉN ARROXO RECIBIRON ESTA MAÑÁ PARTICIPANTES DO ENCONTRO, PROCEDENTES DE DISTINTAS ZONAS DO MUNDO

Maite Ferreiro: "comeza a segunda edición do Lugo Music Festival, unha iniciativa que pon a Lugo no mapa a nivel internacional e achega á veciñanza actividades culturais de calidade"

IMG_0028 (2)

Maite Ferreiro e Rubén Arroxo conversarion co director Cristobal Soler, presidente da asociación de directores de orquestra, que dirixe o campus de dirección do Lucus Music Festival

O campus de dirección conta coa colaboración de Enrique García Asensio e Rafael Pascual Villaplana, dous dos directores máis galardoados e con máis experiencia de todo o estado

Maite Ferreiro: "comeza a segunda edición do Lugo Music Festival, unha iniciativa que pon a Lugo no mapa a nivel internacional e achega á veciñanza actividades culturais de calidade"

 

Lugo, 29 de agosto de 2023. A concelleira de Cultura, Maite Ferreiro, e o Tenente Alcalde, Rubén Arroxo, visitaron a Escola Municipal de Música, onde participaron na benvida ás persoas participantes da segunda edición do Lugo Music Festival, o encontro de dirección e canto organizado pola área de Cultura en colaboración coa asociación Músico Crisanto que durante esta semana achega a Lugo a unha selección músicos e músicas procedentes de distintas zonas do mundo. Maite Ferreiro destacou esta cita "como unha gran promoción da cidade, poñendo a Lugo no mapa da creación artística, e convertendo as nosas rúas nun escenario importante para a formación das directoras e directores e cantantes que participan no encontro."

Ferreiro destacou que a área de Cultura e Turismo "busca achegar a Lugo un turismo de calidade, fuxindo das masificacións e apostando por unha ampla actividade cultural que poidan desfrutar tanto as veciñas e veciños de Lugo como as persoas que se achegan a pasar uns días", e engadiu "actividades como o Lugo Music Festival permítennos cumprir este obxectivo, posicionando a Lugo como un punto importante na formación musical".

Na segunda edición do Lugo Music Festival participan directores e directoras de orquestra xunto con cantantes que chegaron a Lugo procedentes de cidades galegas e do estado, ademais de participantes de outros países como Alemaña. Durante esta semana recibirán formación a cargo de Cristobal Soler, presidente da Asociación Española de Directores de Orquestra e director das orquestras do Teatro Real, Orquestra de RTVE e Orquestra Nacional de España na rama de dirección, e  de Lorena Valero na rama de canto, xunto cos mestres Enrique García Asensio, un dos directores de orquestra máis recoñecidos do estado, e cunha gran traxectoria internacional, e Rafael Pascual Villaplana, compositor e director valenciano que conta con múltiples recoñecementos a nivel estatal e internacional.

O Lugo Music Festival continúa a achegar ás rúas de Lugo actividades abertas ao público xeral, con concertos, conferencias e ensaios abertos de distintas agrupacións musicais, que servirán tamén para mostrar o traballo realizado polas cantantes e directoras e directores asistentes ao campus.

 

 

Programación II Lugo Music Festival

Martes 29

10:30 na Escola de Música de Lugo – Recepción

11:00 a 17:30 na Escola de Música de Lugo – Clases

17:45 a 19:45 na Rúa Quiroga Ballesteros – Ensaio aberto coa Banda Sinfónica e Coro

20:30 no Círculo das Artes – Concerto de xuventude solista

 

Mércores 30

10:45 a 14:00 na Rúa Quiroga Ballesteros – Ensaio aberto con Big Band

16:00 a 19:30 na Escola de Música de Lugo – Clases

20:30 na Praza Anxo Fernández Gómez – Concerto de Big Band

 

Xoves 31

10:45 a 14:00 na rúa Quiroga Ballesteros – Ensaio aberto con Ensemble de saxos.

16:00 a 19:30 na Escola de Música de Lugo – Ensaio con Grupo de Cordas

20:30 na Praza Anxo Fernández Gómez – Concerto con Ensemble de saxos

 

Venres 1

10:45 a 14:00 na Escola de Música de Lugo – Ensaio con Grupo de Corda

16:00 a 17:30 na Escola de Música de Lugo – Masterclass Enrique García Asensio

18:00 a 19:30 na Escola de Música de Lugo – Clases

20:30 no Círculo das Artes – Concerto de Grupo de corda

 

Sábado 2

10:45 a 14:00 na Escola de Música de Lugo – Ensaio con ensemble de metais

16:00 a 17:30 na Escola de Música de Lugo – Marterclass Rafael Pascual Vilaplana

18:00 a 19:30 na Praza Anxo Fernández Gómez – Ensaio aberto con Banda Sinfónica e Coro

20:30 na Praza Anxo Fernández Gómez – Concerto final con ensemble de metais + Banda de música e coro

Maite Ferreiro: "comeza a segunda edición do Lugo Music Festival, unha iniciativa que pon a Lugo no mapa a nivel internacional e achega á veciñanza actividades culturais de calidade"