NA CATEGORÍA DE 12 A 14 ANOS ENTREGÁRONSE PREMIOS AO IES ANXEL FOLE E AO CPR DIVINO MAESTRO, E NA CATEGORÍA DE 15 A 18 ANOS RESULTARON GAÑADORES O IES ANXEL FOLE E O CPR MARISTAS

Maite Ferreiro entrega os premios do XXX Certame de Contos e Relatos Curtos Trapero Pardo


Na categoría de 12 a 14 anos entregáronse premios ao IES Anxel Fole e ao CPR Divino Maestro, e na categoría de 15 a 18 anos resultaron gañadores o IES Anxel Fole e o CPR Maristas

O certame organízase anualmente pola Tenencia de Alcaldía, e permite coñecer a capacidade creativa da mocidade do Concello de Lugo

Maite Ferreiro entrega os premios do XXX Certame de Contos e Relatos Curtos Trapero Pardo

 

Lugo, 12 de febreiro de 2025. 
A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, entregou hoxe os premios do XXX Certame de Contos e Relatos Curtos Trapero Pardo, que estivo aberto á participación de todas as rapazas e rapaces de 12 a 18 anos dos centros de ensino de Lugo. O certame é organizado de xeito anual pola Tenencia de Alcaldía, e permite ver a gran capacidade creativa da mocidade do concello.

O xurado estivo formado por Manuel Fernández Vázquez, escritor, Xosé Manuel Castro Castedo, profesor de lingua e literatura galega de Educación Secundaria, Teresa Pena Moreda, directora da Biblioteca Municipal de Lugo e  Margarita Calderón Fernández, Pedagoga da Concellería de Educación, e escolleu como gañadores aos seguintes relatos:

Na categoría de 12 a 14 anos, o primeiro premio foi para o relato "O Pazo", presentado por Noelia Álvarez Castro, estudante do IES Ánxel Fole, que recibiu un lote de libros e un premio de 200€. O segundo premio recibiuno "Amina", escrito por Laura González Blanco, do CPR Divino Maestro, premiada cun lote de libros e un premio de 100€, e o terceiro, "O reino dos soños", de Naiara Pérez Ferreiro tamén do CPR Divino Maestro, gañadora dun lote de libros e un premio de 70€.

Na categoría de 15 a 18 anos entregáronse só o primeiro e o segundo premios, a María Fernández Escariz, do IES Ánxel Fole coa obra titulada "Pola Noite", que recibiu un premio de 250€ e un lote de libros, e a Carme Pereira Troncoso, coa obra titlulada "Sombras no Peirao", alumna do CPR Maristas cuxo premio estivo composto por 130€ e un lote de libros.

Maite Ferreiro entrega os premios do XXX Certame de Contos e Relatos Curtos Trapero Pardo