FERREIRO: "SEGUIMOS TRABALLANDO PARA PROMOCIONAR A LITERATURA EN GALEGO, XUNTANDO ÁS LECTORAS E TRABALLANDO PARA QUE APAREZAN NOVOS VALORES NA CREACIÓN LITERARIA"

Maite Ferreiro visita o Clube de Lectura do Vello Cárcere, que contou coa participación de Cecilia Santomé

A concelleira de Cultura anunciou a convocatoria do XXVII Certame de Narración Curta "Ánxel Fole"

Ferreiro: "Seguimos traballando para promocionar a literatura en galego, xuntando ás lectoras e traballando para que aparezan novos valores na creación literaria"

Maite Ferreiro visita o Clube de Lectura do Vello Cárcere, que contou coa participación de Cecilia Santomé

 

 

Lugo, 15 de febreiro de 2025. A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, visitou o clube de lectura que se celebra mensualmente no Vello Cárcere. A xornada de hoxe tratou sobre o libro As Despedidas, de Cecilia Santomé, e contou coa presenza da autora na xuntanza. Ferreiro afirmou que "desde a Tenencia de Alcaldía seguimos a traballar pola literatura en galego, tanto fomentando actividades como este clube de lectura como apostando por novos valores da creación literaria na nosa lingua".

Neste sentido, Maite Ferreiro anunciou a convocatoria do XXVII Certame de Narración Curta "Ánxel Fole". Nesta edición, o premio volverá ser de 4.000€, ademais de que a obra gañadora será publicada por Edicións Xerais de Galiza e a autora recibirá un premio de 4.000€. "Unha cita importante tanto para as nosas escritoras como para a lingua galega", segundo indicou Maite Ferreiro.

Poderán presentarse todas as persoas que o desexen, sempre que a obra esté escrita en galego. As obras presentadas poderán consistir tanto nunha novela curta como nun conxunto de relatos, cunha extensión mínima de 50 folios e máxima de 100, é dicir, entre 90.000 e 180.000 caracteres con espazos. Cada autora poderá presentar todos os relatos que desexe, en envíos separados, que se realizarán de xeito telemático no correo electrónico a [email protected]. As bases poderán consultarse no BOP, e o prazo de presentación remata 30 días despois da súa publicación.

Maite Ferreiro visita o Clube de Lectura do Vello Cárcere, que contou coa participación de Cecilia Santomé