O CONCELLO DE LUGO REAFIRMA O SEU COMPROMISO COA PROMOCIÓN DA LECTURA E A LITERATURA EN GALEGO CUN APORTE DE 4.000€

Rubén Arroxo reúnese coa Federación de Librarías de Galicia para impulsar a Feira do Libro de Lugo

O Concello de Lugo reafirma o seu compromiso coa promoción da lectura e a literatura en galego cun aporte de 4.000€

A Praza Maior de Lugo acollerá un ano máis este encontro que reúne librarías e lectorado de toda Galiza

 

Rubén Arroxo reúnese coa Federación de Librarías de Galicia para impulsar a Feira do Libro de Lugo

 

 

Lugo, 16 de febreiro de 2025. O Tenente de Alcalde de Lugo, Rubén Arroxo, acompañado da concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, reuniuse coa Federación de Librarías de Galicia para avanzar na organización da próxima Feira do Libro de Lugo. No encontro, confirmouse que a Tenencia de Alcaldía destinará unha subvención de 4.000 euros para a celebración do evento, que terá lugar, como en anos anteriores, na Praza Maior.

Arroxo destacou a importancia deste apoio, que reafirma o compromiso do Concello coa promoción da lectura e da cultura, especialmente en lingua galega. "A Feira do Libro é unha cita imprescindible para achegar a literatura á cidadanía e fortalecer o sector do libro en Lugo, cunha especial atención ao galego", sinalou o Tenente Alcalde.

Desde o Concello de Lugo valórase moi positivamente esta colaboración, que garante a continuidade dunha das citas culturais máis relevantes do ano. "A lectura é unha ferramenta esencial para o coñecemento e a Feira do Libro permite destacar o papel fundamental das librarías e dos autores e autoras galegas", engadiu Arroxo.

A Feira do Libro de Lugo, que reúne cada ano escritoras e escritores, editoriais e lectorado, continuará a ser un espazo de encontro para a cultura e a literatura, promovendo especialmente a creación en galego e fomentando o hábito lector entre todas as idades.

 
Rubén Arroxo reúnese coa Federación de Librarías de Galicia para impulsar a Feira do Libro de Lugo