MARÍA XESÚS GIL CASTRO SERÁ A CANDIDATA Á ALCALDÍA DO PÁRAMO POLO BNG-ASEMBLEAS ABERTAS
María Xesús Gil Castro repite como cabeza de lista da candidatura do BNG-AA co convencemento de que só o BNG-AA é garantía de honradez, traballo e transparencia para O Páramo
Para a candidata do do BNG Asembleas Abertas hai que democratizar e dinamizar a vida do concello"
O Páramo, 16 de abril de 2015. María Xesús Gil Castro, de 39 anos de idade, será a candidata á Alcaldía do Concello do Páramo polo BNG Asambleas Abertas nas vindeiras eleccións municipais do mes de maio. Mestra de ensino secundario, e natural da parroquia paramesa de Santa Mariña de Adai, repite como candidata do BNG-AA defendendo que só o BNG-AA é garantía de honradez, traballo e transparencia para O Páramo
María Xesús Gil Castro anunciou que o programa do BNG-AA xirará entorno á democratización no concello para abrilo ás veciñas e veciños e para rematar coa falla de trasparencia que sofrimos a diario Para a candidata do BNG Asambleas Abertas o Concello ten que plantarlle cara ao goberno da Xunta para que non discriminen ao Páramo, como está a suceder día si e día tamén, un exemplo claro disto é a problemática xurdida no centro médico, mentras o Alcalde mira para outro lado.
A nacionalista puxo en valor tamén o traballo realizado polo BNG nos anos en que estivo na oposición no Concello centrándonos en denunciar e esixir solución a problemáticas como a necesidade de mellora do abastecemento de augas, da rede de alumeado público e do servizo de transporte público, entre outras cuestións que son fundamentais e preocupan ás veciñas e veciños do Páramo.
Co BNG-Asembleas Abertas: garantía de Concellos democráticos e transparentes.
Ademais, engadiu Gil Castro, dende o BNG AA loitaremos para que todas as xestións que leva a cabo o Concello sexan claras e transparentes. Apostamos por outro xeito de gobernar, baseado no traballo, na seriedade e no respeto rigoroso á democracia expuxo a candidata do BNG-AA.
A candidata nacionalista sinalou tamén, que afronto estas vindeiras eleccións con ilusión e co convencemento de que é moi necesario un cambio no Páramo, un cambio que só pode vir da man do BNG-AA. Así mesmo, adiantou que o BNG-AA no Páramo levará a cabo unha campaña electoral moi activa, porta a porta, falando con todas as veciñas e veciños para escoitalos e trasladarlles as propostas do BNG-AA.