CRISTINA LÓPEZ DESTACOU “A IMPORTANCIA DESTA INICIATIVA Á HORA DE FOMENTAR HÁBITOS SAUDABLES E PROMOVER A CONVIVENCIA A TRAVÉS DA DANZA E A AGRICULTURA”

O Mercado Municipal acolle a actividade “Bailando coa Terra: Sementando Pasos, Colleitando Tango” dentro do programa Hortos Saudables

Cristina López destacou “a importancia desta iniciativa á hora de fomentar hábitos saudables e promover a convivencia a través da danza e a agricultura”

A actividade desenvolverase nas instalacións do Mercado todos os venres dende o 7 de febreiro ata o 27 de xuño en horario de 20.00 a 21.30 horas

O Mercado Municipal acolle a actividade “Bailando coa Terra: Sementando Pasos, Colleitando Tango” dentro do programa Hortos Saudables

 

 

Lugo, 03 de febreiro de 2025. O Mercado Municipal de Lugo acolleu a presentación da actividade “Bailando coa Terra: Sementando Pasos, Colleitando Tango”, unha proposta enmarcada no programa Hortos Saudables. No acto estivo presente Cristina López, concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza do Concello de Lugo, quen destacou “a importancia desta iniciativa para fomentar hábitos saudables e promover a convivencia a través da danza e a agricultura ecolóxica”.

A concelleira afirmou que "continuamos a promocionar a Praza e o Mercado para facilitar que toda a veciñanza poida coñecer os productos de primeira calidade que se comercian nestas instalacións, ademais de ofrecer a posibilidade de empregar cada un dos seus espazos para actividades que axuden a dinamizalas".

A actividade, que se desenvolverá todos os venres dende o 7 de febreiro ata o 27 de xuño, combina formación en agricultura ecolóxica cun espazo para o baile, recordando a historia de Leocadia e Xavier, dous emigrantes retornados de Arxentina que sempre celebraban o seu gusto polo tango na horta.

A formación será gratuíta e contará cun servizo de conciliación familiar, garantindo que as familias poidan participar sen dificultades. A iniciativa, organizada no marco dos Hortos Saudables, conta coa colaboración da Deputación de Lugo e busca fortalecer o vínculo coa terra a través dunha experiencia cultural e educativa de carácter único.

Para máis información e inscricións, as persoas interesadas poden contactar a través do correo [email protected] ou dos teléfonos 607 720 032 e 609 812 887.

O Mercado Municipal acolle a actividade “Bailando coa Terra: Sementando Pasos, Colleitando Tango” dentro do programa Hortos Saudables