ALEXANDRE PENAS: “DIVIDIUSE A CIDADE EN CATRO LOTES PARA QUE LUGO RECUPERE A SINALIZACIÓN DE MANEIRA HOMOXÉNEA”

A Mesa de Contratación reunirase o vindeiro martes para continuar a adxudicación do pintado da sinalización horizontal de Lugo

Co pintado modificaranse os pasos de peóns para asegurar o tránsito de motos e bicicletas

A Mesa de Contratación reunirase o vindeiro martes para continuar a adxudicación do pintado da sinalización horizontal de Lugo

Lugo, 22 de maio de 2020. O edil de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, indicou que a Mesa de Contratación reunirase o vindeiro martes para continuar co proceso para adxudicar a actuación de pintado da sinalización horizontal da cidade. Segundo declarou Alexandre Penas, “esta mesa de contratación tivo que retrasarse debido á crise sanitaria, mais co proceso de retorno á normalidade podemos retomar tamén esta actuación necesaria para Lugo”.

Na Mesa de Contratación deste martes, estudaranse os informes relativos ás baixas temerarias, que permitirá continuar co proceso na próxima Mesa de Contratación que se convoque.

A actuación realizarase en toda a cidade, a cal se dividiu en catro lotes “para que todo Lugo vaia recuperando a sinalización horizontal de maneira simultánea e homoxénea”, indicou Alexandre Penas, que engadiu “cada unha das empresas só poderá optar, como máximo, a dous destes lotes”. O edil de Infraestruturas explicou que “debido á magnitude da actuación, o proceso de revisión das ofertas foi máis complicado do habitual, e requiriu varias xuntanzas da Mesa de Contratación”.

Penas indicou que a actuación contempla o pintado de toda a sinalización horizontal da cidade, incluíndo as prazas de aparcamento para persoas con mobilidade reducida, e que se realizarán modificacións nos pasos de peóns “para asegurar o tránsito de motos e bicicletas”. Unha vez remate o proceso de adxudicación, as empresas terán un prazo de 4 meses para executar o pintado.

A Mesa de Contratación reunirase o vindeiro martes para continuar a adxudicación do pintado da sinalización horizontal de Lugo