VALCÁRCEL: "OS ANCARES É UNHA GRAN POTENCIA QUE PRECISA DE ALTERNATIVAS PARA GARANTIR O DEREITO A PODER VIVIR E TRABALLAR"
Montse Valcárcel visita a Feira do 12 en Becerreá
Estivo acompañada polos concelleiros do BNG en Becerreá, Martín García e Ovidio Montaña asi como por membros e simpatizantes da organización
Valcárcel: "Os Ancares é unha gran potencia que precisa de alternativas para garantir o dereito a poder vivir e traballar"
Becerreá, 14 de decembro de 2024. - A deputada do BNG no Parlamento galego, Montse Valcárcel participou esta mañá xunto cos concelleiros do BNG en Becerreá, Martín Gómez e Ovidio Montaña, e militantes e simpatizantes da organización, nunha nova edición da Feira do 12 de Becerreá.
Esta feira da Montaña de Lugo, que foi recuperada grazas ao colectivo local Rente o Couce, amosa unha gran e variada mostra de produtos da contorna dos Ancares. Montse Valcárcel enxalzou o papel destas mostras "feiras como esta do 12 son a chave para o fomentar o consumo de proximidade, para contribuír a un sistema máis sostíbel e á vez xerar máis dinamismo económico no propio territorio"
A deputada do BNG salientou "os Ancares é unha gran potencia que precisa de alternativas para garantir o dereito a poder vivir e traballar, a mostra é esta feira a que amosa a calidade e a variedade que se produce neste enclave"ademais de destacar a importancia de destinar "máis servizos e máis apoios" ao medio rural para poder construír, dixo, "un medio rural vivo".
Nesta liña, a deputada do BNG destacou "mais para iso é preciso proxectos transformadores nos concellos e no País para dinamizar e contribuír á mellora da calidade de vida das persoas que viven aquí".
Por outra banda, a deputada nacionalista tamén destacou as dificultades polas que está a pasar o sector agrogandeiro por mor da crise de prezos "están baixo o precipicio por mor da suba dos custos de produción e unha PAC na que non se defenden os dereitos, e ante este contexto, temos ao Goberno da Xunta como o do Estado paralizados". Estas feira serven para "dar valor ao traballo feito no rural pola xente do sector primario ao que tanto se maltrata" insistiu á nacionalista