A FEDERECIÓN GALEGA DE ENFERMIDADES RARAS, QUE AFECTAN A MÁIS DE 200.000 PERSOAS DE TODA GALIZA, E AGRUPA A DISTINTAS ASOCIACIÓNS VENCELLADAS A ESTA PROBLEMÁTICA
FEGEREC instalase en Lugo, coa colaboracíón da Área de Participación do Concello, para darse a coñecer coa acción solidaria "Ser como Guille"
A Federeción Galega de Enfermidades Raras, que afectan a máis de 200.000 persoas de toda Galiza, e agrupa a distintas asociacións vencelladas a esta problemática
Lugo a 16 de decembro de 2024. A Federeción Galega de Enfermidades Raras contribue o coñecemento das enfermidades raras, a súa prevención, tratamento e o coidado das persoas que as padecen na comunidade galega, velando porque se respeten os seus dereitos. Ten como visión desaparecer como entidade prestadora de Servizos Sociosanitarios baixo os valores de cooperación interasociativa e posta en valor e sustentabilidade das institucións públicas sociosanitarias.
Ser como Guille é o obxectivo desta campaña, xa que o representa aos nenos e nenas afectados por estas patoloxías en Galicia. Guille segue sendo este ano o embaixador de FEGEREC nesta acción para visibilizar e facer presente na contorna unha realidade que afecta a 200.000 persoas que sofren algunhas das 7.000 patoloxías denominadas raras.
Estes máis de 12.000 bastóns de caramelo (sen glute nin lactosa) poderanse adquirir a través de distintas canles como farmacias, na propia sede de Fegerec, en mesas a pé de rúa durante o mes de decembro, hospitais, centros comerciais, etc..