PABLO ABUÍN; "AFRONTO ESTE RETO CO A ILUSIÓN E ANIMO DE EXPANDIR O PROXECTO DO BNG A NIVEL LOCAL"
Pablo Abuín é o novo responsábel local do BNG do Corgo
Pablo Abuín; "Afronto este reto co a ilusión e animo de expandir o proxecto do BNG a nivel local"
O Corgo, 16 de decembro 2024. Pablo Abuín ven de ser escollido o novo responsábel local do Corgo. A renovación dos órganos de dirección do BNG enmárcase dentro dos traballos posteriores á XVIII Asemblea Nacional do BNG celebrada na en Santiago de Compostela neste mes de decembro ."Afronto este novo reto con ilusión e co ánimo de expandir o proxecto do BNG a nivel local",explicou Pablo Abuín.
Deste xeito, a Asemblea Local do BNG aprobou a responsabilidade de Pablo Abuín Cedrón , que substituue no cargo a María Abuín Sanfiz como anterior responsable local, que segue como vicerresponsábel local. A asemblea agradeceu a María todo o traballo feito nestes anos como responsábel local, posto de ocupaba dende o 2022 Agradeceu aa cohesión organizativa da equipa de traballo, o traballo feito nos procesos electorais e a activa participación en actos, mobilización e vinculación co asociacionismo por parte de la militancia .
Pablo Abuín pola súa parte agradeceu a confianza depositada pola militancia e manifestou "Quedan por diante moitos retos que afrontar nun concello gobernado por políticas inmobilistas, totalmente estancado e incapaz de resolver os problemas que sofren os veciños»