BRAIS VÁZQUEZ, CONCELLEIRO DO BNG EN MONTERROSO: "LAMENTAMOS PROFUNDAMENTE A FALTA DE INVESTIMENTO NO QUE O GOBERNO DO PP TEN SUMIDO A MONTERROSO "

Todas as emendas presentadas nos orzamentos da Xunta do 2025 polo BNG para o concello de Monterroso foron rexeitadas polo goberno do PP

Brais Vázquez, concelleiro do BNG en Monterroso: "Lamentamos profundamente a falta de investimento no que o goberno do PP ten sumido a Monterroso "

Todas as emendas presentadas nos orzamentos da Xunta do 2025 polo BNG para o concello de Monterroso foron rexeitadas polo goberno do PP


 

Monterroso, 17 de decembro de 2024.-O Bloque Nacionalista Galego presentou no Parlamento galego emendas aos orzamentos da Xunta de Galiza para o exercicio do 2025.

O grupo nacionalista presentou orzamento para a creación dunha residencia da terceira idade "Os centros residencias son a día de hoxe unha parte esencial da atención aos nosos maiores" declarou Brais Vázquez, concelleiro en Monterroso. A poboación de maiores en Monterroso a día de hoxe supón un 30% da poboación total "o que denota o envellecida que esta a poboación e a necesidade que temos de unha atención especifica para os nosos maiores" afirma Brais Vázquez

Ademais, o BNG tamén solicitou medidas a través dos orzamentos da Xunta para a creación dun parque infantil cuberto en Monterroso. "O que permitiría aos máis pequenos desfrutar dunha instalación sen depender das inclemencias meteorolóxicas" recalcou Vázquez indicando "tamén se presentou unha enmenda para o arranxo do patio do CEIP de Monterroso, algo que vai ó fío do coidado da infancia no noso pobo".

Do mesmo xeito, Brais Vázquez subliñou "o BNG impulsou estas melloras a través dos orzamentos da Xunta de Galiza para o 2025 máis o PP votou en contra de todas elas, non sabemos como o alcalde de Monterroso permite que o goberno da Xunta abandone Monterroso e as peticións da veciñanza"

Todas as emendas presentadas nos orzamentos da Xunta do 2025 polo BNG para o concello de Monterroso foron rexeitadas polo goberno do PP