O DESFILE LEVA POR TÍTULO 'NÓMADAS' E CONTARÁ CON 4 CARROZAS E 14 ESPECTÁCULOS TEATRAIS ITINERANTES MUSICAIS CON MÁIS DE 80 ARTISTAS

Rubén Arroxo e Maite Ferreiro presentan a Cabalgata de Reis do 2025

O desfile leva por título 'Nómadas' e contará con 4 carrozas e 14 espectáculos teatrais itinerantes musicais con máis de 80 artistas

O Tenente Alcalde anunciou que a cabalgata volverá entrar ao centro a través da Porta de San Fernando

Rubén Arroxo e Maite Ferreiro presentan a Cabalgata de Reis do 2025




Lugo, 18 de decembro de 2024. O Tenente Alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, e a concelleira de Cultura, Maite Ferreiro, deron a coñecer os pormenores da Cabalgata de Reis deste vindeiro ano 2025. O desfile leva por título "Nómadas" e sairá do parque da Milagrosa ás 18 horas, con chegada aproximada á praza Maior ás 19:30. O desfile volverá entrar ao centro da cidade a través da porta de San Fernando, e desde a Tenencia de Alcaldía publicarase o percorrido definitivo nos vindeiros días, unha vez se analice o estado actual das obras de peonalización do centro da cidade.

O Tenente Alcalde destacou que a cabalgata de Reis é, xunto co San Froilán, un dos eventos que máis persoas mobilizan ao longo do ano, con entre 40 e 50 mil persoas na edición 2024.

Rubén Arroxo explicou que "a cabalgata deste 2025 está adicada a aquelas persoas reais ou de ficción que coma os Reis Magos fan da viaxe o seu modo de vida, grandes viaxes da historia e da literatura, grandes viaxeiros e expedicións, caravanas e nómadas de antes e de agora, a ilusión da viaxe e o descubrimento, da exploración do mundo, coñecer novos lugares e persoas e aprender delas, intercambiar culturas".

O desfile contará cas catro carrozas, as tres dos Reis e a dos agasallos. "Todas elas están ambientadas na temática da cabalgata, collendo ideas distintos lugares do planeta e de fóra da Terra", explicou Rubén Arroxo. A cabalgata contará con 14 espectáculos que inclúen a partipación de 80 actrices, actores e músicas. Submarinos, caravanas cirquenses, zeppelíns, grandes animais, músicas diversas e moito máis, unha espectacular posta en escena que acompañará ás súas maxestades no seu percorrido pola cidade. Durante o desfile, os paxes reais repartirán 1500 quilos de caramelos entre todas as nenas, nenos e maiores que se acheguen a saudalos. 

 

Rubén Arroxo e Maite Ferreiro presentan a Cabalgata de Reis do 2025