A MILITANCIA DO BNG ESCOLLEU AOS 25 INTEGRANTES DO CONSELLO COMARCAL

Bernardo Valdês renova como responsábel comarcal do BNG da comarca de Lugo

A militancia do BNG escolleu aos 25 integrantes do Consello Comarcal

Bernardo Valdês renova como responsábel comarcal do BNG da comarca de Lugo

 

Lugo, 19 de decembro de 2024. O xoves 18 de decembro o BNG celebrou a súa asemblea comarcal como dentro do proceso de renovación orgánica iniciada o pasado 1 de decembro coa celebración da XVIII asemblea nacional do BNG.

Formaran parte da executiva comarcal: Bernardo Valdès (Cervantes), Maite Ferreiro, vicerresponsabel (Lugo) Efren Castro (Sarria), Elvira Lombao (Outeiro de Rei) Xose Manuel Becerra (Baralla) Iria Castro Fernández (Castroverde), Cosme Pombo Rodríguez (O Incio), Esther López Rodríguez (Lugo), Brais Vázquez Lamazares (Monterroso), Mª Jesús López López (Samos), Manuel López Louxedo (Fonsagrada), Mª Dores López Cayón (Friol) e Adrian López Rancaño (Castro de Rei) reforzados no consello comarcal con unha amplia representación de compañeiros e compañeiras das localidades da comarca.

Bernardo Valdês agradeceu o traballo feito aos integrantes da anterior executiva e consello comarcal e indicou "é unha honra ter o apoio das compañeiras e compañeiros para seguir a traballar para ampliar a base do BNG e en colaboración con todas as localidades da comarca facer que o BNG sexa visibel e siga a estar en contacto coa veciñanza como fixemos ata agora"

O traballo do BNG feito nestes últimos anos esta a dar o seu froito, e engadiu "agardamos estar a altura do que a nosa militancia e simpatizantes agardan de nos"

Bernardo Valdês renova como responsábel comarcal do BNG da comarca de Lugo