A LIBERACIÓN DE ZONAS DE ESTACIONAMENTO COMEZARÁ O SÁBADO 21 ÁS 08.00 HORAS E AS MODIFICACIÓNS DE TRÁFICO SERÁN EFECTIVAS O DOMINGO 22 DE DECEMBRO DENDE AS 10.00 HORAS

Alexandre Penas presenta o plan de tráfico da XXI Carreira Popular Lugo Monumental 2024

 

A liberación de zonas de estacionamento comezará o sábado 21 ás 08.00 horas e as modificacións de tráfico serán efectivas o domingo 22 de decembro dende as 10.00 horas

O percorrido incluirá zonas como rúas como a Avenida Ramón Ferreiro, Rúa Alcalde Anxo López Pérez, Ronda da Muralla, entre outras

Alexandre Penas presenta o plan de tráfico da XXI Carreira Popular Lugo Monumental 2024

 

 

Lugo, 19 de decembro de 2024. O edil responsable da área de Infraestruturas Urbanas no Concello de Lugo, Alexandre Penas, anunciou hoxe o plan de tráfico que se aplicará o próximo domingo, 22 de decembro, con motivo da celebración da XXI Edición da Carreira Popular Lugo Monumental 2024. Esta proba deportiva, que reúne corredores de todas as idades, comezará ás 11:00 horas e percorrerá diversas rúas da cidade.

Co fin de garantir o correcto desenvolvemento do evento e a seguridade de participantes e cidadáns, Penas explicou que "se procederá ao corte e restrición de tráfico nas zonas afectadas a partir das 10.00 horas do propio domingo". As rúas efectadas serán a Avenida Ramón Ferreiro, Rúa Alcalde Anxo López Pérez, Ronda da Muralla, Rúa Recatelo, Rúa Avelino Pousa Antelo, Rúa Puro Cora, Praza de Avilés, Avenida Rodríguez Mourelo, Praza Pío XII, Rúa Bo Xesús, Praza de Santa María, Travesía Dean Fernández Varela, Rúa dos Clérigos, Rúa do Bispo Aguirre e Rúa Vilalba.

O concelleiro tamén aclarou que será necesario "liberar as prazas de estacionamento a partir do sábado 21 de decembro ás 08.00 horas en áreas clave como a Avenida Rodríguez Mourelo, a Praza da Constitución e a Avenida Alcalde Anxo López Pérez". Estas restricións prolongaranse ata as 20:00 horas do domingo.

En tramos específicos, como a Ronda da Muralla e a Rúa Puro Cora, "habilitaranse carrís separados para vehículos e corredores, asegurando a coexistencia ordenada durante a carreira", insiste Alexandre Penas.

O concelleiro quixo destacar esta carreira como "unha oportunidade para gozar do deporte e do noso patrimonio", e solicitou "a colaboración da veciñanza ante as restricións, xa que serán clave para o éxito e seguridade do evento".

A organización contará tamén coa colaboración da Policía Local, Protección Civil e persoas voluntarias para controlar os cortes de tráfico e garantir a seguridade en todo o percorrido.

 

Alexandre Penas presenta o plan de tráfico da XXI Carreira Popular Lugo Monumental 2024