Néstor Rego defenderá no Congreso un estudo para conectar Lugo e Compostela en tren

Néstor Rego e Rubén Arroxo, arquivo
Néstor Rego e Rubén Arroxo na estación de Lugo

Néstor Rego: “Lugo merece un tren digno que permita desprazarse polo territorio galego”

Néstor Rego defenderá no Congreso un estudo para conectar Lugo e Compostela en tren

Lugo, 14 de novembro de 2020. O Deputado do BNG no Parlamento do Estado, Néstor Rego, xunto co Portavoz do BNG e Tenente de Alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, presentaron a proposta do BNG para defender nos orzamentos do Estado un servizo ferroviario do século XXI que acabe coa discriminación que soporta a veciñanza de Lugo. Néstor Rego afirmou que “Lugo é a única cidade do país que non ten conexión directa por tren coa capital do país, un agravio que se resolvería cunha obra de 27 quilómetros de vía para conectar as paradas de Curtis e Ordes creando unha traxecto directo desde Lugo A Coruña”.

 

A proposta do BNG para os orzamentos do estado inclúe unha partida para realizar o estudo técnico desta intervención, “un paso adiante para comezar a mudar a situación e poñer a Lugo no mapa”, declarou Néstor Rego. Para o Deputado, “é necesario estudar a electrificación e modernización da liña e dos trens da actual vía Lugo-Coruña”.

 

Compensaría porque por estrada non temos alternativa por autovía ademais de ter en conta que para ás persoas que teñan que facer esta viaxe a diario o tren é unha opción moito máis cómoda”, recalcou Rego. “A decisión do punto de unión entre Curtis e Ordes sería cuestión a valorar neste estudo, e xa foi analizada anteriormente en distintas propostas técnicas”, explicou o deputado do BNG, que destacou que “é máis rápido chegar desde París a Londres que desde Lugo a Santiago, o que evidencia até que punto falta unha visión galega de como vertebrar o territorio por tren en lugar de pensalos para ir a Madrid”.

Néstor Rego defenderá no Congreso un estudo para conectar Lugo e Compostela en tren