Olalla Rodil “O Partido Popular só aplica eternas promesas na cidade de Lugo”
A candidata mantivo unha xuntanza de traballo co grupo municipal de Lugo da organización
Lugo, 15 de xuño de 2020.- A candidata por Lugo de cara ás eleccións galegas, Olalla Rodil, mantivo hoxe unha xuntanza co grupo municipal do BNG en Lugo, na que analizaron os proxectos que o goberno do Partido Popular a fronte da Xunta de Galiza fixo na cidade das murallas durante estes 11 anos.
A candidata nacionalista resaltou o total abandono e desleixo do Partido Popular na Xunta para a cidade, ao que resaltou “máis dunha década despois, seguimos vendo como se anuncian proxectos, que quedan en iso, en eternas promesas electorais que aparecen en campaña pero que despois non se cumpren”
Entre os diversos proxectos, as nacionalistas sinalaron a inaptitude para a iniciación do Museo Galaico-Romano no cuartel de San Fernando ou a rehabilitación e rehabitación do barrio da Tinería, como exemplos claros e tanxibles da falta de acción do goberno galego na cidade.
Ao que Olalla Rodil destacou “non se materializou ningún deste proxectos, pero este 12 de xullo temos a oportunidade de poñer á fronte da Xunta de Galiza co BNG a unha forza política que cumpra coa cidade de Lugo”
Ao resaltou ao traballo desenvolto polo bloque desde o Concello ce Lugo “ao igual que están a facer o BNG no Concello de Lugo, hai que activar desde o goberno galego a unha cidade que está chamada á ser a cidade do século XXI”