RODIL REUNIUSE EN BARALLA CON EDILES DO BNG NOS CONCELLOS AFECTADOS POLA PERDA DO, XA DEFICIENTE, SERVIZO DE PEDIATRÍA ANTE A FALTA DA COBERTURA DE BAIXAS DOS PROFESIONAIS

Olalla Rodil reclamou en Baralla o servizo de pediatría para os concellos da montaña

IMG_1830
IMG_1830

O BNG xa ven denunciando este tema no Parlamento dende o ano 2008 e o caso de Baralla é realmente sangrante por que existe unha sala de pediatría que nunca se utilizou

Olalla Rodil reclamou en Baralla o servizo de pediatría para os concellos da montaña

Lugo, 13 de xaneiro de 2017. A parlamentaria do BNG por Lugo, Olalla Rodil, trasladará ao Parlamento Galego a situación na que se atopan, neste momento, media ducia de concellos da momtaña de Lugo que carecen dun servizo de pediatría mínimo para atender as súas necesidades. Rodil reuniuse en Baralla con ediles do BNG nos concellos afectados pola perda dun xa deficiente servizo pediatría ante a falta da cobertura de baixas dos profesionais e afirmou que “o caso de Baralla é realmente sangrante por que existe unha sala de pediatría que nunca se utilizou cando no censo do concello exite unha importante cantidade de menores que supera os 150”.

Olalla Rodil explicou que o SERGAS tiña asignada unha única pediatra para unha “teórica cobertura” de 6 concellos (Baralla, Láncara, Becerreá, O Páramo, O Corgo e As Nogais) aínda que a facultativa so estivese, presencialmente e en días alternos, nos concellos de O Corgo, Láncara e Becerreá. As persoas dos concellos de Baralla, O Páramo e As Nogais deben de desprazarse para recibir a correspondente atención. Olalla Rodil sinalou que “este deficiente servizo mantense cando a profesional non está de baixa laboral, neste caso o servizo desaparece pola falta de cobertura da baixa dende o SERGAS e isto é unha responsabilidade política”.

A nefasta xestión que se está a facer dende a Consellería e dende o SERGAS deste asunto leva a unha total desinformación ás persoas que precisan atención sanitaria do servizo de pediatría e remata derivando os casos ao PAC de Fingoi, na cidade de Lugo, ou ao HULA “obrigan aos pais e nais e dar volta polos distintos PAC e busca dun pediatra que non está en ningún deles e remantan tendo que desprazarse ata Lugo para recibir unha atención que deberían ter no seu propio concello” dixo Olalla Rodil.

Olalla Rodil reclamou en Baralla o servizo de pediatría para os concellos da montaña