ARROXO DIXO QUE “NESTE CRUCE A PREFERENCIA TEN QUE SER PARA AS PERSOAS E O FEITO DE QUE OS PEÓNS TEÑAN QUE PULSAR O BOTÓN, PARA PEDIR PERMISO, XA LLE DA PREFERENCIA AOS VEHÍCULOS”

O BNG-AA pide a retirada do semáforo “máis absurdo do mundo” situado na praza de Santo Domingo

IMG_20170113_115030
IMG_20170113_115030

“Este paso de peóns une dúas zonas peonís e teñen que ter preferencia absoluta os peóns, hai que avanzar cara a peonalización total do casco histórico” afirmou Arroxo

O BNG-AA pide a retirada do semáforo “máis absurdo do mundo” situado na praza de Santo Domingo

Lugo, 13 de xaneiro 2017. O voceiro do BNG - AA, Rubén Arroxo, anunciou que presentará unha petición para que se elimine o semáforo situado no paso de peóns que situado, á sáida da rúa da Raiña, na praza de Santo Domingo. Arroxo cualificouno como “o semáforo máis absurdo do mundo” e explicou que “sirve, unicamente, para dar preferencia aos vehículos nunha zona da cidade que ten vocación peonil”. Arroxo dixo que “neste cruce a preferencia ten que ser para as persoas e o feito de que os peóns teñan que pulsar o botón, para pedir permiso, xa lle da preferencia aos vehículos”.

O voceiro do BNG – AA explicou que non ten sentido a existencia deste semáforo xa que, por exemplo, dase un caso similar no paso de peóns que une Santo Domingo coa rúa do Progreso “onde é máis perigoso por que a rúa é máis ancha e circulan vehículos en dous sentidos”. Arroxo insistiu en que “é cousa do século pasado formar apelotonamentos de persoas cun semáforo que non regula nada”. Rubén Arroxo sinalou “nesta cidade que xa viviu 4 atropelos de importantes consecuencias nos 13 días deste ano, deberiamos pensar en tomar medidas para defender ás persoas fronte aos vehículos”.

Nunha información, publicada nun medio de comunicación galego fai exactamente un ano, xa se recoñecía que este era o semáforo máis ignorado polas persoas que por alí transitan diarimente. Segundo os datos deste medio de comunicación, nun sondeo realizado nas 7 cidades galegas,  solo 4 de 170 persoas respectaron este semáforo situado en Lugo. Para o BNG-AA “é o momento de pensar nun Lugo para as persoas e para o século XXI, de facer a cidade máis habitable e de tomar medidas encamiñadas a un recinto amurallado completamente peonil”.

O BNG-AA pide a retirada do semáforo “máis absurdo do mundo” situado na praza de Santo Domingo