A PROPOSTA NACEU DAS PEÑAS E SEAREIR@S DO CD LUGO E FOILLE DENEGADA POLO GOBERNO MUNICIPAL A PESARES DE SER UNHA MEDIDA PARA INCREMENTAR A SEGURIDADE

O BNG-AA solicitou o corte do tráfico na Calzada da Ponte este domingo durante o partido do CD Lugo

O voceiro do BNG-AA presentou un escrito dirixido á alcaldía solicitando formalmente o peche ao tráfico durante os días de partido mentres non se peonalice esta vía

O BNG-AA solicitou o corte do tráfico na Calzada da Ponte este domingo durante o partido do CD Lugo

Lugo, 11 de xaneiro 2017. O voceiro do BNG - AA, Rubén Arroxo, presentou un escrito dirixido á alcaldía solicitando o corte e tráfico na parte baixa da Calzada da Ponte este vindeiro domingo e cada vez que xogue o C. D. Lugo “para evitar riscos e posibles accidentes”. Arroxo sinalou que “non é, unicamente, unha solicitude das peñas e seareir@s se non que a veciñanza e os hosteleiros tamén se manifestaron publicamente a favor”.

A pretensión do BNG é que este domingo, 15 de xaneiro de 2017 e nos seguintes días de partido do CD Lugo, se proceda ao corte de tráfico neste tramo da Calzada da Ponte dende 3 horas antes do comenzo do encontro e ata 1 hora despois da finalización do encontro. Arroxo especificou que “evidentemente estes cortes adaptaranse á realidade da presenza de persoas neste tramo da Calzada da Ponte”.

Arroxo reuniuse con seareiros e representantes de peñas do CD Lugo que, no pasado ano, xa trasladaran esta proposta á alcaldesa pero que foi ignorada. “Parece  irónico que dende o goberno municipal se lles contestara aos representantes das peñas que non se podían facer cortes nos días de partidos por que estaba pendente de executar a peonalización da Calzada” dixo Arroxo e aclarou que “para peonalizar a Calzada non se fixo nada durante o 2016 e sospeitamos que no 2017 tampouco se vai facer nada”.

O voceiro do BNG-AA sinalou que hai un acordo plenario para peonalizar esta vía “pero como moitos acordos plenarios este, tamén, foi ignorada polo goberno do PSOE”. A iniciativa, feita polo BNG-AA no primiero pleno deste mandato en xullo de 2015, de peonalizar a Calzada foi aprobada por unanimidade no pleno da corporación. Arroxo dixo que “vemos, unha vez máis, como as propostas que fai o BNG-AA coinciden coas demandas reais da xente, o pleno danos a razón pero o goberno non executa os mandatos da representación do pobo”.

O BNG-AA solicitou o corte do tráfico na Calzada da Ponte este domingo durante o partido do CD Lugo