RODIL VISITOU O TRAMO ENTRE PONTEGRANDE E VALDRIZ ACOMPAÑADA DO EDIL DO BNG EN LÁNCARA

O BNG propón a recuperación do río Neira en Láncara e presenta unha emenda aos orzamentos da Xunta

IMG_1810
IMG_1810

O BNG aposta polo acondicionamento deste tramo e pola futura adecuación da vía ferroviaria, cando quede fora de uso, como senda verde

O BNG propón a recuperación do río Neira en Láncara e presenta unha emenda aos orzamentos da Xunta

Lugo, 16 de xaneiro de 2017. A parlamentaria do BNG por Lugo, Olalla Rodil, presentou unha emenda aos orzamentos da Xunta para propoñer o acondicionamento e recuparación da contorna do río Neira entre Pontegrande e Valdriz no concello de Láncara.  Rodil visitou o tramo entre Pontegrande e Valdriz  acompañada do edil do BNG en Láncara, Iago Bande, para coñecer polo miudo a proposta dos nacionalista para esta zona. Rodil destacou que “é unha aposta de futuro para ir creando un espazo que permita poñer en valor a riqueza paisaxística e natural que rodea a Pobra de San Xiao”.

A recuperación deste primeiro tramo, entre Pontegrande e Valdriz sería un primeiro paso para avanzar na creación dun roteiro circular que se completará unha vez quede fora de uso a vía ferroviaria que atravesa a Pobra de S. Xiao. Os nacionalistas aposta pola conversión da vía ferroviaría nunha sende verde que sirva para unir a zona do río co centro urbán da Pobra de S. Xiao. A vicevoceira do BNG no Parlamento Galego sinalou que “dende a Xunta e os concellos hai que traballar para que as vilas volvan mirar cara os seus ríos e non de costas a eles”.

Iago Bande, concelleiro do BNG, sinalou que “a nosa proposta é recuperar un espazo arredor da vila para darlle un uso social e deportivo á contorna do río Neira” e engadiu “é un espazo único polas súas características ecolóxicas e paisaxísticas e temos que poñelo en valor para o disfrute da veciñanza e das persoas que nos visitan”. Neste momento hai tramos desta ruta que xa están acondicionados e son utilizados por moita xente que sae a pasear e mesmo por nenas e nenos que van camiñando dende a súas vivendas ata o colexo público de A Pobra todos os días.

O BNG propón a recuperación do río Neira en Láncara e presenta unha emenda aos orzamentos da Xunta