ESTIVO ACOMPAÑADA POLA CONCELLEIRA DO BNG EN FONSAGRADA, ROSA REGO, A RESPONSÁBEL LOCAL DA ORGANIZACIÓN MARÍA FERNÁNDEZ, XUNTO COA DEPUTADA DE CULTURA NA DEPUTACIÓN DE LUGO, IRIA CASTRO E DIFERENTES CARGOS ORGÁNICOS E INSTITUCIONAIS DO BNG NA COMARCA DE LUGO
Olalla Rodil visita a XXVIII Feira do Butelo da Fonsagrada e asegurou "é un recurso de alto valor que desestacionaliza o turismo cunha oferta gastronómica que reforza a actividade nas industrías cárnicas da zona"

Estivo acompañada pola concelleira do BNG en Fonsagrada, Rosa Rego, a responsábel local da organización María Fernández, xunto coa deputada de Cultura na Deputación de Lugo, Iria Castro e diferentes cargos orgánicos e institucionais do BNG na Comarca de Lugo
A Fonsagrada, 23 de febreiro de 2025 . - A deputada por Lugo e viceportavoz do BNG no Parlamento galego, Olalla Rodil participou esta mañá xunto coa concelleira do BNG en Fonsagrada, Rosa Rego, a responsábal local do BNG, Maria Fernández xunto coa deputada de Cultura na Deputación de Lugo, Iria Castro e diferentes cargos orgánicos e institucionais do BNG na Comarca de Lugo, nunha nova edición da Feira do Butelo da Fonsagrada, feira que se ven celebrando dende 1998.
Esta senlleira feira é unha boa mostra do potencial que posúe a Montaña de Lugo, no que a sinerxía entre a produción gandeira, a industria de transformación e a potencialidade do comercio local amosan as múltiples capacidades que existen no rural.
Olalla Rodil destacou "A Fonsagrada é unha grande potencia, a proba é esta feira con múltiples produtos locais de gran calidade e o gran número de produtores" e engadiu "mais é preciso impulsar proxectos que dean un xiro á situación actual da Montaña, na que se promovan alternativas para reverter o declive actual deste zona de Lugo, propostas que loiten o abandono e a despoboación para garantir o dereito a poder vivir e traballar aquí" polo que engadiu "é un recurso de alto valor que desestacionaliza o turismo cunha oferta gastronómica que reforza a actividade nas industrias cárnicas da zona"
Nesta liña, Olalla Rodil explicou a batería de medidas que o BNG está impulsar destinadas a facilitar a implantación de proxectos económicos e o emprendemento no rural para fixar poboación e emprego "no Bloque promovemos medidas para fomentar proxectos económicos no rural que premitan o financiamento de proxectos con sede e domicilio fiscal en concellos do rural, a baixada da cota a autónomos no rural ou a implantación de exencións fiscais"
De igual xeito, a deputada destacou medidas para a produción agrogandeira "temos que recuperar as terras para poñelas a producir e ordenar o noso monte, non podemos deixar de lado a nosa soberanía alimentar", concluíu.