O PINTADO CONTINUOU, DURANTE ESTA SEMANA, NOS BARRIOS DA CHEDA E FINGOI

O pintado da sinalización horizontal da cidade avanza pola zona centro e norte da cidade

Nesta semana comezaron os traballos nestas zonas, que continuarán durante os vindeiros días

O pintado da sinalización horizontal da cidade avanza pola zona centro e norte da cidade

Lugo, 11 de setembro de 2020. O pintado da sinalización horizontal avanza, seguindo as previsións da área de Mobilidade e Infraestruturas, de maneira uniforme por toda a cidade. “Nesta semana, ademais de continuar cos traballos iniciados nos barrios de Fingoi e da Cheda, comezouse na zona centro da cidade e en distintas rúas do barrio da Piringalla”, explicou Rubén Arroxo.

Durante o martes e o mércores desta semana, realizáronse traballos de pintado no barrio de Fingoi, na Cheda, no Ceao e na Piringalla, e comezouse a preparación de rúas da zona centro, San Roque e as Mercedes. O traballo a realizar nesta noite inclúe os barrios de Fingoi e a Cheda, xunto co Ceao e a Piringalla, mentres que continuará a preparación no centro, iniciándose no recinto amurallado e en rúas de Montirón.

O pintado modificarase para adaptalo ás modificacións realizadas na ordenanza de circulación. Nos pasos de peóns elimínase unha das liñas para evitar resbalóns de motos e bicicletas, ademais, os pasos regulados por semáforo pasarán a ter pintado só o contorno do mediante dúas liñas discontínuas nos seus límites.

Adaptarase tamén o pintado das prazas para persoas con mobilidade reducida, agrandándoas e reducindo a superficie a pintar para evitar resbalóns, e mellorarase a sinalización en zonas de coexistencia de tráfico e estacionamento.

Pintado realizado o martes 8 e mércores 9

Rúa Agro da Torna, Rúa Vicente Risco, Rúa Pousadela, Rúa Río Mandeo, Rúa Río Lea, Rúa López Cuevillas, Rúa Río Landro, Rúa Río Eume, Rúa Río Pambre, Rúa Río Masma, Rúa Músico Mestre Soutullo, Avenida Marqués de Ombreiro, Rúa do Valiño, Avenida Benigno Rivera, Rúa Avutarda, Rúa Túnel de Oural, Rúa Laverca, Rúa Prieto Nespereira, Rúa Alvedro, Rúa San Isidro Labrador, Rúa Río Ladra, Rúa Poeta Manuel María, Rúa Acacia, Rúa Otero Besteiro.

Traballos de preparación previos ao pintado realizado o mércores 9

Avenida Ramón Ferreiro, Rúa Celso Emilio Ferreiro, Rúa Cambria, Rúa Mariña Española, Rúa Doutor Fleming, Rúa Irmáns Vilar Ponte, Rúa Galicia, Rúa San Roque, Rúa Dinán, Praza de Bretaña, Rúa Río Neira, Rúa Laxeiro, Rúa Ramón Montenegro.

Pintado a realizar nas noites do xoves 10 e venres 11

Rúa Agro da Torna, Rúa Pousadela, Rúa Río Mandeo, Rúa Río Lea, Rúa López Cuevillas, Rúa Río Landro, Rúa Río Eume, Rúa Río Pambre, Rúa Río Masma, Rúa Músico Mestre Soutullo, Avenida Marqués de Ombreiro, Avenida Benigno Rivera, Rúa Avetarda, Rúa Túnel de Oural, Rúa Laverca, Rúa Prieto Nespereira, Rúa Alvedro, Rúa San Isidro Labrador, Rúa Río Ladra, Rúa Acacia, Rúa Otero Besteiro.

Traballos de preparación previos ao pintado a realizar o venres 11

Rúa Montero Ríos, Rúa Castelao, Rúa Rafael de Vega, Rúa Alta, Rúa Montevideo, Rúa Bolaño Rivadeneira, Rúa do Teatro, Praza de Santo Domingo, Rúa San Fernando, Rúa Luís Cordeiro, Ronda da Muralla, Praza de San Xoán, Rúa Miguel de Cervantes.

O pintado da sinalización horizontal da cidade avanza pola zona centro e norte da cidade