RUBÉN ARROXO ANUNCIOU QUE O BNG VÉN DE PRESENTAR UNHA PROPOSICIÓN AO VINDEIRO PLENO PARA REXEITAR UNHA CLASIFICACIÓN DADA POLA XUNTA DE GALIZA "QUE PERMITE REDUCIR Á METADE OS TRÁMITES ADMINISTRATIVOS DESTE PROXECTO"

O pleno municipal aproba a proposición do BNG para instar á Xunta a retirar a declaración de iniciativa empresarial prioritaria á planta de biometanización proxectada en Lugo

Rubén Arroxo anunciou que o BNG vén de presentar unha proposición ao vindeiro pleno para rexeitar unha clasificación dada pola Xunta de Galiza "que permite reducir á metade os trámites administrativos deste proxecto"

Arroxo dirixiuse ás veciñas e veciños afectados pola planta presentes no pleno: "Sodes un orgullo, estades paralizando algo lesivo para Lugo co voso traballo"

O pleno municipal aproba a proposición do BNG para instar á Xunta a retirar a declaración de iniciativa empresarial prioritaria á planta de biometanización proxectada en Lugo




Lugo, 04 de novembro de 2024. Rubén Arroxso, portavoz do BNG e Tenente Alcalde do Concello de Lugo, defendeu no pleno municipal a proposición que reclama á Xunta que retire a clasificación de iniciativa empresarial prioritaria á planta de biometanización de proxectada en Coeses. Arroxo explicou que esta declaración permite "reducir á metade os trámites administrativos necesarios para a construcción desta planta, trámites como a Avaliación de Impacto Ambiental faranse pola vía rápida se a Xunta mantén esta declaración", e engadiu "isto fíxose aínda cun proxecto que recoñece que emitirá cheiros e gases contaminantes á veciñanza da contorna".

Rubén Arroxo dirixiuse na súa intervención ás veciñas e veciños da zona, e afirmou que "sodes un orgullo, estades paralizando algo lesivo para Lugo co voso traballo". O BNG mantén o seu compromiso de traballar "desde todas as institucións para paralizar este proxecto". Arroxo lembrou que xa se trasladaron iniciativas ao Parlamento Europeo "para evitar que esta planta reciba fondos da UE para a súa posta en marcha" e anunciou que a retirada do proxecto da listaxe de iniciativas prioritarias da Xunta se levará tamén ao Parlamento Galego da man do BNG.

A empresa recoñece no seu proxecto para a construcción da planta que emitirá cheiros e gases contaminantes e  o verquido de 76,7 m³ de augas residuais ao regato de Vilalbite con posterior deprazamento ao río Miño. O tratamento destas augas foi considerado ineficiente por parte da CHMS, o que fixo que este proxecto fose informado desfavorablemente dado que este regato conta con pouco caudal de auga, especialmente nos meses estivais. 

O pleno municipal aproba a proposición do BNG para instar á Xunta a retirar a declaración de iniciativa empresarial prioritaria á planta de biometanización proxectada en Lugo