Pontón pide que as infraestruturas pendentes en Lugo claves para a provincia figuren na axenda da reunión Feixóo-Ábalos
Presenta os proxectos do BNG de dixitalización do sector público e privado para mobilizar 1.180 M€ con cargo aos fondosNext Generation
A portavoz nacional, Ana Pontón, puxo sobre a mesa as infraestruturas clave para a provincia de Lugo, que acumulan mesmo décadas de retraso, para que sexan abordadas de xeito preferente no encontro previsto entre o presidente da Xunta e o ministro de Fomento. Entre os deberes que a líder do BNG pon ao xefe doExecutivo, a autovía Lugo-Santiago e as conexións ferroviarias.
“Lugo está perdendo oportunidades por non ter boas comunicacións nin no ámbito das infraestruturas ferroviarias nin nas viarias, -indicou-, segue sen ter conexión por autovía nin con Ourense nin con Santiago e tamén falta conectividade por tren”, destacou, “por iso imos ser moi esixentes co Goberno do Estado porque esta provincia precisa dar un paso adiante” e, neste sentido, reclamou que dese encontro saían algo máis que titulares, saían compromisos con datas e con investimentos plasmados no BOE.
En relación a conexión por estrada entre Lugo-Santiago, “parece a autovía de nunca acabar tras case 30 anos de retraso”, ironizou Pontón, tras pedir a licitación e a execución dos tramos pendentes para que dunha vez por todas, Lugo poda ten esta conexión rápida coa capital do País e, no caso da mobilidade por tren, o BNG demanda a electrificación das vías, o desdobre das liñas e unha conexión entre Lugo e Santiago abrindo un ramal desde Curtis
"Non podemos seguir con máis discriminacións con está provincia tras décadas de goberno do PP e do PSOE”, recalcou Pontón, quen volveu elixir Lugo para explicar proxectos do BNG financiables con cargo ao fondo europeo de recuperación Next Generation, neste caso para impulsar a dixitalización tanto do sector publico como do privado como instrumento de modernización da Administración, da actividade económica e da igualdade de oportunidades.
Proxectos que teñen como punto de partida, explicou Pontón, a creación doConsorcio Galego para a Capacitación e as Competencias Dixitais, unha iniciativa estratéxica de todo o sector público, -Xunta, Administracións Locais, Universidades-, “para promover mobilizar 1.180 M€ até 2027 para situar a Galiza na vangarda da dixitalización no sector público e privado", investimento para desenvolver cinco grandes programas de dixitalización: de capacitación da poboación, das Administracións, das Empresas, doEnsino e do Patrimonio cultural e arquivístico.
En relación ao Programa de capacitación dixital da poboación, “o obxectivo é atender aos sectores que por condicións económicas ou de idade teñen menor acceso ás tecnoloxías e reducir a fenda dixital por razóns xeracionais, xeográficas ou económicos. En definitiva, democratizar o acceso e o uso ás tecnoloxías da información e da comunicación”, explicou a líder do BNG.
O Programa de dixitalización das administracións persegue facil
En canto ao Programa de dixitalización e competencias dixitais no ensino, como argumentou Pontón, “a pandemia puxo en evidencia as graves carencias tecnolóxicas e formativas no ensino, e as desigualdades no acceso ao ensino online. O obxectivo é desenvolver un ambicioso plan formativo dirixido a toda a comunidade escolar, -profesorado, alumnado e familias-, incluíndo os recursos necesarios para dotar de ordenadores e dunha boa conexión a internet a todo o alumnado que o precise”.
Finalmente, o Programa de dixitalización do patrimonio cultural e dos arquivos, para aplicar as novas tecnoloxías a este ámbito, para catalogar, conservar e promover o patrimonio cultural galego.
Tecnoloxía 5G e big data
Ademais do Consorcio para a dixitalización, o BNG considera prioritario impulsa a tecnoloxías intelixentes e o big data cun investimento de 350 M€, para desenvolver a tecnoloxía 5G en todo o territorio, crear unha rede pública de intelixencia artificial.
Para iso, formula o proxecto Territorio intelixente coa instalación masiva de sensores no territorio para a recollida de todo tipo de datos e posterior análise, o que permitirá actuar e mesmo anticiparse en cuestións como a loita contra os lumes, control de augas, mellora da actividade agrogandeira, datos atmosféricos, etc.
Inclúe tamén o proxecto Riqueza cultural e turística, utilizando a tecnoloxía de datos, de realidade aumentada e virtual para promover a actividade cultural e turística. O proxecto Vida Dixital en Galego, con solucións tecnolóxicas para empregar de xeito gratuíto o galego. En canto ao proxecto Laboratorio de Ideas, ten como obxectivo adiantarse na evolución constante das novas tecnoloxías e da innovación para non perder oportunidades. E o proxecto de promoción das mulleres nas profesión e carreiras científicas e técnicas, para fomentar o acceso das mulleres neste tipo de disciplinas.
“En definitiva, a dixitalización do sector público e privado en todos os ámbitos é clave para o futuro económico e social de Galiza, polo que desde o BNG queremos mobilizar para conseguir esa dixitalización un investimento global de 1.180 M€, ao que sumamos 350 M€ para desenvolver proxectos de intelixencia dixital e big data, investimento previsto até 2027 e aproveitando os recursos dos fondos europeos de recuperación”, concluíu Pontón.