O PP VOTOU NO PARLAMENTO CONTRA A PROPOSTA DO BNG PARA PROTEXER A COVA DE EIRÓS

IMG_1863

Olalla Rodil reclamou incoar o expediente de Ben de Interese Cultural, (BIC)  pola riqueza e importancia arqueolóxica da Cova de Eiros  na actualidade ameazada pola extracción mineira de Cementos Cosmos

O PP VOTOU NO PARLAMENTO CONTRA A PROPOSTA DO BNG PARA PROTEXER A COVA DE EIRÓS

Santiago de Compostela, 28 de decembro, 2017.  A parlamentaria do BNG, Olalla Rodil defendeu, a través dunha proposición non de lei, “incoar o expediente que declare e catalogue  a Cova de  Eirós como Ben de Interese Cultural”, un espazo único en Galiza e en Europa Occidental polo seu valor arqueolóxico.

A parlamentaria explicou que o “silencio administrativo” da Consellería de Cultura para axilizar a declaración BIC da Cova de Eirós dende o ano 2012 provocou a presentación dunha denuncia ante o Tribunal Contencioso-Administrativo nº 2 de Lugo.  Un silencio administrativo, dixo que mesmo sorprendeu á Valedora do Pobo. Asemade, lembrou que no ano 2014 a Asociación ADEGA tamén acudía a esta institución para denunciar a autorización concedida por Cultura a Cementos Cosmos para extraer mineral da parte superior da cova que supuxo a “desaparición da cobertura vexetal que a protexía” ademais de estar situada a apenas 50 metros dunha canteira que “utiliza habitualmente dinamita”.

A deputada solicitou o “apoio unánime” da Cámara para incoar o expediente BIC por constituír unha das maiores coleccións de “restos de osos cavernario, grande cantidade de fósiles da fauna pleistocena de Galiza, exemplares neandertais e primeiros sapiens así como restos gravados de pinturas rupestres, datados hai 10.000 anos e únicos en Galiza”.

O PP xustifica a actividade mineira con explosións na zona que afecta á Cova de Eirós

Pola súa parte , o portavoz popular, Cesar Manuel Fernández xustificou as obras de extracción mineira argumentando que a concesión contaba co pertinente informe medioambiental ao que a nacionalista respondeu reclamando, unha vez máis a “protección do xacemento arqueolóxico”. Na quenda de réplica,  a deputada do BNG lamentou o voto en contra do Partido popular á iniciativa nacionalista.

O PP VOTOU NO PARLAMENTO CONTRA A PROPOSTA DO BNG PARA PROTEXER A COVA DE EIRÓS