A INICIATIVA DO BNG FOI APROBADA POR TODOS OS GRUPOS TRAS ACEPTAR UNHA EMENDA DO GRUPO POPULAR RELATIVA AO XEITO DE TRAMITAR A SOLICITUDE DESTE NOVO XULGADO PARA LUGO

O BNG acadou a unanimidade no Parlamento Galego para a creación dun novo Xulgado do Social para Lugo

Olaia Rodil en Comisión
Olalla Rodil en Comisión

“A partir da aprobación  desta iniciativa deberíase dar solución ás persoas que agardan por resolucións xudiciais dende fai meses” dixo Olalla Rodil

O BNG acadou a unanimidade no Parlamento Galego para a creación dun novo Xulgado do Social para Lugo

Lugo, 19 de xaneiro de 2017. A parlamentaria por Lugo, Olalla Rodil, informou da aprobación unánime, na Comisión Primeira do Parlamento Galego, da iniciativa presentada polo BNG para solicitar a creación dun novo Xulgado do Social en Lugo. Rodil sinalou que “valoramos positivamente o acordo unánime de todos os grupos e agardamos que Lugo esté máis preto de contar cun cuarto Xulgado Social para dar saída aos centos de casos que hai pendentes de resolución”. A iniciativa do BNG foi aprobada por todos os grupos tras aceptar unha emenda do grupo popular relativa ao xeito de tramitar a solicitude deste novo xulgado para Lugo

A proposta defendida por Olalla Rodil foi aprobada despois de aceptar unha emenda do grupo popular a partir da cal o Parlamento de Galiza instará ao Goberno Galego a solicitar diante do Consello Xeral do Poder Xudicial e do propio Tribunal Superior de Xustiza de Galiza a necesidade de que sexa nomeada unha maxistrada ou maxistrado de reforzo para os xulgados do social do partido xudicial de Lugo. Ademais o Parlamento Galego instará ao goberno da Xunta de Galiza a que demande do Goberno do Estado á creación dun novo Xulgado do Social para Lugo cando, a criterio da comisión mixta entre o TSXG e a Xunta de Galiza, se considere que se dan as condicións necesarias para a creación deste xulgado.

“A partir da aprobación  desta iniciativa deberíase dar solución ás persoas que agardan por resolucións xudiciais dende fai meses” dixo Olalla Rodil e engadiu “creemos que as condicións están sobrademente constantadas ante as cifras de asuntos pendentes nos 3 xulgados existentes no partido xudicial de Lugo”. A parlamentaria do BNG sinalou que “hai persoas que levan máis de dous anos agardando por unha resolución xudicial para poder empezar a cobrar a prestación por desemprego”. A nacionalista advertiu “dende o BNG estaremos vixiantes para que se de cumprimento do acordo tomado na cámara lexislativa, xa que agora depende do Goberno galego materializar este acordo para que as persoas poidan ver resolotos os acordos coa celeridade que debida”.

O BNG acadou a unanimidade no Parlamento Galego para a creación dun novo Xulgado do Social para Lugo