CRISTINA LÓPEZ: "OS CONCELLOS SON AS ADMINISTRACIÓNS MÁIS PRÓXIMAS, POLO QUE TEMOS QUE PROMOVER FERRAMENTAS PARA VISIBILIZAR E LOITAR CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO"
A Praza de Abastos e o Mercado Municipal únense á celebración do 25N
Cristina López, concelleira de Participación, e Maite Ferreiro, concelleira de Cultura lembraron ás vítimas da violencia contra as mulleres
Cristina López: "Os concellos son as administracións máis próximas, polo que temos que promover ferramentas para visibilizar e loitar contra a violencia de xénero"
Lugo, 24 de novembro de 2023. A concelleira Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, xunto coa concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, inauguraron na Praza de Abastos e no Mercado Municipal un lazo morado que recorda ás vítimas da violencia contra as mulleres.
Este 25 de novembro, celébrase o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, "unha data na que debemos amosar a nosa repulsa contra a violencia machista, unha verdadeira pandemia letal para miles de mulleres no mundo", explicou Cristina López.
A concelleira de Participación destacou que "desde o Goberno de Lugo traballamos para que todas as actividades sirvan tamén como espazo de concienciación sobre a violencia machista, dándolle visibilización e traballando en mellorar a concienciación da sociedade". Neste eido, Cristina López lembrou que "os concellos son as administracións máis próximas, polo que temos que promover ferramentas para visibilizar e loitar contra a violencia de xénero".