PARA O BNG AS PISCINAS DO CONCELLO DEBERÍAN ESTAR DOTADAS DESTES MECANISMOS QUE MELLORAN A ACCESIBILIDADE
Proposta do BNG para colocar elevadores para persoas con discapacidade nas piscinas municipais
“O concello de Viana do Bolo, gobernado polo BNG, instalou este mecanismo nas súas piscinas publicas e Lugo non conta nada similar” sinalou Arroxo
Lugo, 14 de xullo 2018. O BNG propón a instalación de elevadores mecánicos para persoas con problemas de mobilidade nas piscinas municipais do concello de Lugo. Rubén Arroxo explicou que se trata “dun pequeno investimento ou poderían utilizarse as das piscinas cubertas que son móbiles e duratne o verán non se utlizan”.
“Resulta incomprensible que un concello como Lugo non teña instalado estes mecanismos de accesibilidade” e enfatizou Arroxo e sinalou “o concello de Viana do Bolo, gobernado polo BNG, instalou este mecanismo nas súas piscinas publicas e Lugo non conta nada similar”.
Para o BNG as piscinas do concello deberían estar dotadas destes mecanismos que melloran a accesibilidade “por que son instalación públicas e deben dar este servizo é dar exemplo de integración para as persoas con problemas de mobilidade”. É normal que nun concello no que traballa para converter a maior parte dos espazos en accesibles se acometa esta actuación.