O PRAZO DE MATRÍCULA ESTARÁ ABERTO ENTRE O 1 E O 14 DE SETEMBRO

Publícanse as listaxes de admisión nas escolas infantís municipais

Felipe Rivas: “seguiremos traballando para que a Xunta de Galiza asuma as competencias que lle son propias e xestione as escolas infantís municipais”

Publícanse as listaxes de admisión nas escolas infantís municipais

Lugo, 07 de            agosto de 2020. O concelleiro de Educación e Difusióndo Coñecemento, Felipe Rivas, informou que no día de hoxe se publicaron as listaxes definitivas de admisión nas escolas infantís xestionadas Concello de Lugo. Felipe Rivas informou que “o prazo de matrícula estará aberto entre o 1 e o 14 de setembro”. “Debido á situación sanitaria habilitouse un procedemento especial para realizar a matrícula de maneira telemática”.

A concellería de educación enviará por correo postal ou electrónico a documentación que cada familia deberá presentar de cara a realizar a matrícula da praza que lles corresponda. Felipe Rivas afirmou que “a documentación poderá presentarse por correo electrónico na escola infantil na que se adxudique a praza ou presencialmente no caso de non ser posíbel a presentación telemática nas oficinas da Concellería de Educación”.

“A crise sanitaria demostrou que non é operativo exercer unha competencia que non é propia dunha adminstración”, declarou Felipe Rivas, que apostou novamente por “avanzar de cara a un modelo unificado na xestión das escolas infantís públicas”. Este modelo permitiría, segundo o edil nacionalista “evitar que Lugo teña sete garderías dependentes de tres administracións distintas”.

 

“Debido aos protocolos derivados da crise sanitaria, eliminouse unha unidade de 2-3 anos en cada escola”, declarou o edil de Educación. “Realizaranse tamén cambios nos horarios das escolas para garantir o cumprimento das medidas de seguridade ditadas polas autoridades sanitarias”, afirmou Felipe Rivas, que explicou que “debido a que a situación pode mudar en poucos días, a aplicación das medidas irá sempre acorde ás últimas indicacións das autoridades sanitarias”.

 

Publícanse as listaxes de admisión nas escolas infantís municipais