RUBÉN ARROXO: "A CÚPULA DO PP SUBIUSE AO AVRIL EN SANTIAGO, O DÍA DA SÚA INAUGURACIÓN, DANDO POR BON O PERCORRIDO E DESANTENDENDO AS PETICIÓNS DE CANDÍA"

"Que o tren AVRIL non chegue a Lugo é validado por Rueda e a cúpula do PP que ignoran as peticións de Elena Candia" dixo Rubén Arroxo

Arroxo: "Está previsto que a alta velicidade evite pasar por Lugo co beneplácito do PP e PSOE e os trens Avril chegarán á Coruña dende Ourense pasando por Santiago"

Rubén Arroxo: "A cúpula do PP subiuse ao Avril en Santiago, o día da súa inauguración, dando por bon o percorrido e desantendendo as peticións de Candía"

"Que o tren AVRIL non chegue a Lugo é validado por Rueda e a cúpula do PP que ignoran as peticións de Elena Candia" dixo Rubén Arroxo

 



Lugo, 18 de maio de 2024. O portavoz do BNG en Lugo, Rubén Arroxo, lamentou que a alta velocidade non se achegue a Lugo nin a súa comarca. "Que Tomé o festexe e que Rueda lle dea os parabéns quere decir que nin para o PSOE nin o PP é preciso que o alta velocidade chegue a Lugo". Arroxo fixo fincapé en que "Candía tamén foi ignorada polos seus á pesar de ter que acudir a unha mobilización convocada polo BNG, en octubre do 2022, para demandar un ferrocarril digno para Lugo". O BNG levou iniciativas a todas as institucións onde ten presenza pero o Ministerio e RENFE seguen deixando a Lugo fora dos seus pláns.

"Que o tren AVRIL non chegue a Lugo é validado por Rueda e a cúpula do PP que ignoran as peticións de Elena Candia" dixo Rubén Arroxo. Arroxo lembrou que o día que se fixo a viaxe inaugural dos trens Avril, ademais de acudir o presidente da Deputación de Lugo a Ourense, foron varios conselleiros do PP e mesm o presidente da Xunta que validaron este percorrido dende Santiago. Para o BNG, Galiza sofre unha evidente e histórica discriminación en canto a investimentos, tanto por parte dos gobernos do PP como do PSOE en materia ferroviaria, o que se traduce nun déficit en infraestruturas, equipamentos e servizos. Arroxo afirmou que a chegada do AVE a Galiza, con case 30 anos de atraso sobre a data anunciada nun primeiro momento polo goberno do Estado, "só supuxo que agora sexa máis rápido ir en tren de Lugo a Madrid que de Lugo a Compostela".

O BNG critica que Lugo continúe con menos servizos que antes do inicio da pandemia, cando se eliminaron servizos como o tren nocturno de Lugo a Barcelona. No tocante ás conexións dentro de Galiza, Lugo é a única cidade que non ten conexión directa por tren coa capital do país, un agravio que se resolvería cunha obra de 27 quilómetros de vía para conectar as paradas de Curtis e Ordes creando unha traxecto directo desde Lugo a Compostela.   O portavoz do BNG cualificou como un "desastre" a planificación dos servizos ferroviarios durante a mellora das infraestrutura

"Que o tren AVRIL non chegue a Lugo é validado por Rueda e a cúpula do PP que ignoran as peticións de Elena Candia" dixo Rubén Arroxo