CRISTINA LÓPEZ: "SEGUIMOS TRABALLANDO PARA MELLORAR ESTAS DÚAS INSTALACIÓNS, REDUCINDO A CANTIDADE DE RESÍDUOS QUE SE PRODUCEN"

Cristina López avalía coas praceiras e praceiros a posta en marcha do novo programa de recollida de resíduos orgánicos na praza de Abastos e no Mercado Municipal


Cristina López: "Seguimos traballando para mellorar estas dúas instalacións, reducindo a cantidade de resíduos que se producen"

O Goberno de Lugo poñerá en marcha un novo sistema de recollida para os restos dos negocios relacionados co sector da carnicería e da peixería

Cristina López avalía coas praceiras e praceiros a posta en marcha do novo programa de recollida de resíduos orgánicos na praza de Abastos e no Mercado Municipal



Lugo, 19 de maio de 2024. A concelleira de Participación e Servizos para a veciñanza, Cristina López, mantivo unha xuntanza coas e cos praceiros para avaliar a posta en marcha do novo resíduos destinado aos negocios do sector da carnicería e peixería nestas dúas instalacións, "garantindo unha mellor xestión dos resíduos específicos destes dous sectores".

López afirmou que esta medida se pon en marcha "avanzando para dar o mellor servizo posible á veciñanza, mentres garantimos un bo tratamento dos resíduos que se xeran nestas dúas instalacións"

A concelleira de Participación agradeceu "a implicación" dos distintos negocios do Mercado e da Praza con este novo sistema de recollida de resíduos. Segundo Cristina López, "seguimos a traballar para facer da Praza e do Mercado lugares de referencia para o comercio local, poñendo novos servizos a disposición de toda a veciñanza para que decidan achegarse a estas instalacións a facer as súas compras".

O Mercado Municipal e a Praza de Abastos contan cunha importante programación de actividades para a promoción dos espazos e dos distintos negocios ubicados neles, desde obradoiros infantís para facilitar a conciliación familiar nas mañás dos sábados, ata distintos eventos como un festival de tatuaxes ou campionatos de futbolín e xadrez.

Cristina López avalía coas praceiras e praceiros a posta en marcha do novo programa de recollida de resíduos orgánicos na praza de Abastos e no Mercado Municipal