A TENENCIA DE ALCALDÍA FACILITA BUSES URBANOS PARA OS PARTIDOS DO CD LUGO CO OBXECTIVO DE REDUCIR O NÚMERO DE DESPRAZAMENTOS EN VEHÍCULO PRIVADO E ELIMINAR AS MOLESTIAS DE BUSCAR APARCAMENTO AO CHEGAR AO PAVILLÓN
Rubén Arroxo anuncia as novas liñas de bus que achegarán á veciñanza ao Anxo Carro nos partidos do CD Lugo
A Tenencia de Alcaldía facilita buses urbanos para os partidos do CD Lugo co obxectivo de reducir o número de desprazamentos en vehículo privado e eliminar as molestias de buscar aparcamento ao chegar ao pavillón
A liña especial CD Lugo comezará o seu percorrido unha hora antes do inicio do encontro, chegando á instalación co tempo suficiente para a previa do partido
Lugo, 20 de agosto de 2024. O Tenente Alcalde e responsábel da área de Mobilidade, Rubén Arroxo, anunciou que os partidos que o CD Lugo xogue no estadio Anxo Carro contarán cun servizo especial de bus urbano "que permitirá deixar o coche na casa e acudir ao partido sen ter que preocuparse de buscar espazo para aparcar". Arroxo explicou que esta liña especial súmase aos servizos habituais da liña 8, que conta con paradas próximas ao estadio, "facilitando que o bus sexa tamén o principal medio de transporte á hora de asistir aos partidos do CD Lugo", afirmou Rubén Arroxo.
O servizo especial do CD Lugo comezará o seu percorrido unha hora antes do inicio do partido, chegando ao Anxo Carro con tempo suficiente para a previa do encontro. Conectará as distintas zonas da cidade cun percorrido "optimizado para chegar á máxima poboación de Lugo, seguindo o traballo das novas liñas de transporte que cada vez son usadas por máis persoas", segundo explicou o edil de Mobilidade.
"A tendencia deste ano continúa a ser superar os rexistros, o que demostra que a reformulación das liñas de transporte urbano está a facer que máis persoas aposten por deixar o coche na casa e desprazarse por Lugo utilizando o bus", afirmou Rubén Arroxo, que animou a ir en bus tamén aos principais eventos deportivos. O mes de xullo de 2024 pechou con 171.837 usuarios, sendo o mellor maio da historia, con preto de 25.000 usuarios máis que en xullo do ano 2023. Segundo explicou Rubén Arroxo, "neste momento do ano levamos o maior número de viaxeiros da historia no acumulado de todo o ano, o que demostra que, de seguir esta tendencia, 2024 será o mellor ano no transporte público de Lugo". Arroxo explicou que "os transbordos representan só un 3% dos billetes expedidos, os datos amosan un verdadeiro aumento no número de persoas que cada día deciden usar o bus urbano"
Pagando con tarxeta cidadá, o prezo do billete ordinario pasa de 0.64€ a 0.45€, no caso de non ter dereito a bonificacións, ou a só 0.31€ no caso de persoas pensionistas, desempregadas, estudantes ou persoas con mobilidade reducida, con transbordos gratuítos en todas as situacións. Para obter a tarxeta cidadá, deberá cubrirse o formulario que se pode atopar na web do Concello, ou recollelo nas oficinas municipais do seminario, e pagar a taxa de 3,09€ nunha oficina de Abanca. Despois, deberá pedirse cita no 010 para retirar a tarxeta nas oficinas do Concello. A recarga do moedeiro será, como mínimo de 5€, cun máximo de 60€.
Percorrido ida liña especial CD Lugo
Avenida de Madrid (CIFP As Mercedes)
Rolda Xosé Castiñeira (Conservatorio)
Rolda Xosé Castiñeira 50
Rolda das Fontiñas 203
Rolda das Fontiñas (IES Sanxillao)
Rolda das Fontiñas (Parque Sanxillao)
Rolda das Fontiñas 119
Rolda das Fontiñas 87
Rolda das Fontiñas 41
Praza Conde de Fontao (Estación Ferrocarril)
Rúa Montero Ríos 86
Rúa Serra de Meira 16
Rúa Serra de Meira 68
Calzada das Gándaras (fronte número 53)
Calzada das Gándaras 134
Calzada das Gándaras 284
Calzada das Gándaras 366
Calzada das Gándaras (fronte á Residencia)
Rotonda Rolda Norte
Avenida da Coruña 433 (Restaurante Suso)
Avenida da Coruña 405
Avenida da Coruña 369
Avenida da Coruña 325
Avenida da Coruña 281
Avenida da Coruña 211 (fronte ao Parque da Milagrosa)
Avenida da Coruña 131
Avenida da Coruña 97
Avenida da Coruña 39
Rolda da Muralla 95 (San Fernando)
Rolda da Muralla 118
Rolda da Muralla (Obras Públicas)
Rolda da Muralla (Fogar de Santa María)
Rolda da Muralla 163-164
Rúa Vilalba 6
Avenida Ramón Ferreiro (Instituto Feminino)
Rúa Salvador de Madariaga
Praza de Bretaña
Rúa Dinán
San Roque (Xardín)
Rolda da Muralla 25 (Arenal)
Rolda da Muralla (Sindicatos)
Rolda da Muralla 95 (San Fernando)
Rolda da Muralla 118
Rúa Ourense 3 (esquina coa Rolda da Muralla)
Rúa Ourense 48
Rua Tui 50
Fonte dos Ranchos 8
Fonte dos Ranchos 29-30
Avenida das Américas 36
Avenida das Américas 88
Estrada N-VI
Estadio Anxo Carro
Percorrido volta liña especial CD Lugo
Estadio Anxo Carro
Estrada N-VI
Avenida das Américas 107 (esquina de Músico Falla)
Avenida das Américas 83 (Parrillada Antonio)
Avenida das Américas 51
Fonte dos Ranchos 42-43
Rúa Doutor Gasalla 3
Rolda da Muralla (Fogar Santa María)
Rolda da Muralla 163-164
Rúa Vilalba 6
Avenida Ramón Ferreiro (Instituto Feminino)
Avenida Ramón Ferreiro (Colexio Anexa)
Avenida Ramón Ferreiro 26
Avenida Ramón Ferreiro 34 (Fonte do Rei)
Avenida de Madrid (Cruz Vermella)
Rolda Xosé Castiñeira (Conservatorio)
Rolda Xosé Castiñeira 50
Rolda das Fontiñas 203
Rolda das Fontiñas (IES Sanxillao)
Rolda das Fontiñas (Parque Sanxillao)
Rolda das Fontiñas 119
Rolda das Fontiñas 87
Rolda das Fontiñas 41
Praza Conde de Fontao (Estacion Ferrocarril)
Rúa Castelao 53
Rolda da Muralla (Sindicatos)
Rúa Monforte 2-4
Rúa Monforte 40
Rúa Miguel de Cervantes (fronte á Escalinata da Estación)
Rúa Montero Ríos 86
Rúa Serra de Meira 16
Rúa Serra de Meira 68
Calzada das Gándaras (fronte ao número 53)
Calzada das Gándaras 134
Calzada das Gándaras 284
Calzada das Gándaras 366
Calzada das Gándaras (fronte á Residencia)
Rotonda Rolda Norte
Avenida da Coruña 433 (Restaurante Suso)
Avenida da Coruña 405
Avenida da Coruña 369
Avenida da Coruña 325
Avenida da Coruña 281
Avenida da Coruña 211 (Fronte ao Parque da Milagrosa)
Avenida da Coruña 131
Avenida da Coruña 97
Avenida da Coruña 39
Rolda da Muralla 95 (San Fernando)
Rolda da Muralla 118
Rolda da Muralla (Obras Públicas)
Rolda da Muralla (Fogar Santa María)
Rolda da Muralla 163-164