MÁIS DE 100.000€ USARANSE PARA PAVIMENTAR TRES RÚAS E FACER NOVE PASOS DE CEBRA ELEVADOS

Rubén Arroxo anunciou as inversións dos remanentes do Plan Único de 2018

Parte da inversión corresponde coa primeira parte do Plan de Seguridade Vial no entorno dos centros educativos

Rubén Arroxo anunciou as inversións dos remanentes do Plan Único de 2018

Lugo, 30 de xullo de 2019.  O Tenente de Alcalde, Rubén Arroxo, anunciou no día de hoxe que dende a Área de Mobilidade e Infraestruturas Urbanas se enviou ao servizo de contratación da proposta de inversión dos remanentes do Plan Único de 2018. Un total de 118.155,47€ que se destinarán á pavimentación de tres rúas da cidade e á posta en marcha da primeira fase, consistente en 9 pasos de cebra elevados, do plan de seguridade vial no entorno dos centros educativos.

 

Rubén Arroxo indicou que as rúas a pavimentar son o Camiño de Rosende e a Rúa Lumbrigante, no barrio da Abella, e a Rúa Pousadela na Cheda, ademais da creación de pasos de pasos de cebra elevados para garantir o acceso seguro aos seguintes centros de ensino:

  • CIFP As Mercedes, dous pasos na rúa Montirón,
  • CEIP Illa Verde, dous pasos na rúa Roi Xordo,
  • CEIP Rosalía de Castro, un paso na Rúa Galicia
  • IES Ollos Grandes e CEIP Anexa, catro pasos na Rúa Ramón Ferreiro

Ademais de mellorar a seguridade no acceso aos centros educativos, a colocación destes pasos de cebra elevados servirá para avanzar no calmado do tráfico nas zonas escolares. Arroxo sinalou que “traballamos para complementar as medidas que xa se están implantando dende a propia Dirección Xeral de Tráfico e que van encamiñadas a cidades con tráficos calmados e cun menor número de vehículos a motor circulando”.

Rubén Arroxo anunciou as inversións dos remanentes do Plan Único de 2018