O  TENENTE DE ALCALDE, RUBÉN ARROXO, XUNTO CO CONCELLEIRO DE EDUCACIÓN, FELIPE RIVAS, REALIZARON NO DÍA DE HOXE A ENTREGA DOS DIPLOMAS DOS CURSOS

Remataron os cursos de verán do Parque Infantil de Tráfico

IMG_2786

Participaron un total de 105 nenos e nenas de entre 8 e 16 anos

Remataron os cursos de verán do Parque Infantil de Tráfico

Lugo, 26 de xullo de 2019.  O Tenente de Alcalde, Rubén Arroxo, xunto co Concelleiro de Educación, Felipe Rivas, realizaron no día de hoxe a entrega dos diplomas de clausura dos cursos de verán do Parque Infantil de Tráfico  nos que participaron un cento de nenos e nenas. Os cursos, que foron impartidos polo monitor Jesús Losada, e polo director do P.I.T., José Luis Machado, consistiron nunha parte teórica e outra práctica.

Os cursos, nos que participaron un total de 105 nenos e nenas de entre 8 e 16 anos desenvolvéronse nun total de 7 quendas de mañá e de tarde. Na parte práctica, utilizaron bicicletas e karts, xunto cunha quenda especial para ciclomotor.

A programación destes cursos está amplamente consolidada no calendario das familias de Lugo. Están organizados polo Concello colaboración da Dirección Xeral de Tráfico, co obxectivo de que os nenos e nenas adquiran condutas e comportamentos seguros, ben sexa como peóns ou como persoas usuarias tanto do transporte público como privado.

Remataron os cursos de verán do Parque Infantil de Tráfico