A XUNTA DE GOBERNO APROBOU NON TOMAR EN CONSIDERACIÓN UN RECURSO DE REPOSICIÓN NUNHA DAS CHURRERÍAS DO RECINTO FEIRAL

Rubén Arroxo anunciou que 5 empresas optan a xestionar as casetas do polbo do San Froilán


Os servizos técnicos do Concello avaliarán mañá as propostas

A Xunta de Goberno aprobou non tomar en consideración un recurso de reposición nunha das churrerías do Recinto Feiral

Rubén Arroxo anunciou que 5 empresas optan a xestionar as casetas do polbo do San Froilán


Lugo, 27 de agosto de 2025. O Tenente Alcalde, Rubén Arroxo, informou na rolda de prensa da Xunta de Goberno que cinco empresas optan a xestionar as tres casetas do polbo do San Froilán 2025. Arroxo explicou que "mañá, 28 de agosto a partir das 9:00 terá lugar a mesa de contratación onde se analizarán as distintas ofertas presentadas para as casetas e os caldeiros, e farase a proposta de adxudicación á oferta máis vantaxosa, que despois seguirá o procedemento administrativo habitual".

O Goberno de Lugo licitou este ano tres casetas e cdado que nos últimos anos só se daban cuberto tres espazos. "Reorganizamos os espazos garantindo que se cubran todos os postos de comida e permitindo ampliar o recinto feiral cunha atracción máis", explicou Arroxo, que lembrou tamén as datas de apertura tanto do Recinto Feiral, que estará en funcionamento entre o 26 de setembro e o 12 de outubro, e das casetas do Polbo, que poderán desenvolver a súa actividade entre o 26 de setembro e o 2 de novembro, co polbo a 15€ a ración.

Ademais, Arroxo anunciou que a Xunta de Goberno desestimou un recurso de reposición presentado por unha das persoas aspirantes á explotación dunha churraría no recinto festivo. Esta persoa alegaba unha suposta filtración da oferta gañadora, a pesar de que o procedemento de licitación é "seguro e inalterable, realizándose a apertura en mesa baixo sobre pechado". "Polo tanto, non se puido producir ningunha filtración desde o Concello, polo que o recurso foi rexeitado" explicou Arroxo.

O recurso afectaba a unha das dúas churrarías da Avenida Rodríguez Mourelo, en concreto á ubicada no número 54 da rúa. O licitador que presentou a oferta máis vantaxosa foi José Manuel Vázquez Rodríguez, con 41.001€. O recurso foi presentado polo segundo licitador.

A segunda churraría de Rodríguez Mourelo, ubicada no número 55, estará xestionada por Jonathan Pedro Tejera Vázquez, que presentou unha oferta de 31.001€. Ambos postos tiveron un orzamento de saída de 6.494€.

 

 

Rubén Arroxo anunciou que 5 empresas optan a xestionar as casetas do polbo do San Froilán