RUBÉN ARROXO E MAITE FERREIRO, ACOMPAÑADOS POLO VICEPRESIDENTE DA DEPUTACIÓN, EFRÉN CASTRO ENTRE OUTRAS AUTORIDADES E INTEGRANTES DA COMISIÓN ORGANIZADORA, PRESENTARON O EVENTO QUE SE CELEBRARÁ DO 3 AO 8 DE SETEMBRO

Concello e Deputación colaboran coas festas do barrio da Milagrosa


Rubén Arroxo e Maite Ferreiro, acompañados polo Vicepresidente da Deputación, Efrén Castro entre outras autoridades e integrantes da comisión organizadora, presentaron o evento que se celebrará do 3 ao 8 de setembro

26 actividades terán lugar no barrio durante as festas

Concello e Deputación colaboran coas festas do barrio da Milagrosa



Lugo, 28 de agosto de 2025. O Tenente Alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, acompañado pola edil de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, o Vicepresidente da Deputación, Efrén Castro, a deputada provincial de Cultura, Iria Castro, e integrantes da comisión organizadora e representantes da Deputación e Concello presentaron as festas do barrio da Milagrosa, que este ano volven "cun amplo programa de actividades para toda a veciñanza do barrio". As festas da Milagrosa este ano celebraranse entre o 3 e o 7 de setembro, e contarán con "26 actividades para distintos públicos, buscando que todo o mundo teña algo ao que asistir".

Maite Ferreiro, destacou a colaboración da Tenencia de Alcaldía coas distintas comisións de festas das distintas parroquias de Lugo. Ferreiro dixo que neste 2025 "colaboramos xa con 47 parroquias, chegando a 21.150€ investidos nas distintas festas". Ferreiro afirmou que as distintas comisións organizadoras contan "con grupos de música de todos os estilos, encargándonos desde a área de Cultura de pagar a agrupación, facilitando achegar a cultura ás parroquías e a todos os barrios da cidade".

A Área de Cultura aporta 450€ para a animación musical das distintas parroquias e barrios de Lugo. As solicitudes deben ser feitas ante a Área de Cultura por integrantes das diferentes comisións ou asociacións que organicen as festas. A área de Cultura achegará de un grupo de música, tras a correspondente avaliación da solicitude por parte dos servizos técnicos municipais.

Concello e Deputación colaboran coas festas do barrio da Milagrosa