FELIPE RIVAS DESTACOU A IMPORTANCIA DO XADREZ "NO DESENVOLVEMENTO DAS CAPACIDADES SOCIAIS E INTELECTUAIS DAS NENAS E NENOS"

Rubén Arroxo e Felipe Rivas visitaron os campamentos de Xadrez da asociación Xaquedrum

As nenas e nenos que asisten ao campamento celebraron hoxe o Día Internacional do Xadrez cunha serie de partidas simultáneas con Diego Florez

Rubén Arroxo e Felipe Rivas visitaron os campamentos de Xadrez da asociación Xaquedrum

Lugo, 13 de abril de 2021. O Tenente de Alcalde, Rubén Arroxo, xunto cos concelleiros Felipe Rivas, responsábel da Concellería de Educación, e Alexandre Penas, concelleiro de Infraestruturas  Urbanas, visitaron o campamento de xadrez organizado pola asociación Xaquedrum, que se está a celebrar estes días no CEIP Illa Verde.

Felipe Rivas destacou a importancia do xadrez "no desenvolvemento das capacidades sociais e intelectuais das nenas e nenos", ademais da súa interxeracionalidade "que permite que todas as persoas poidan desfrutar deste deporte sen importar a súa idade".

As nenas e nenos do campamento celebraron hoxe o Día Internacional do Xadrez cunha serie de partidas simultáneas co xadrecista local Diego Flórez.

Día Mundial do Xadrez

O Día Mundial do Xadrez foi proclamado pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas no ano 2019, en conmemoración da data na que se creou a Federación Internacional de Xadrez (FIDE), no ano 1924. Ademais, o xadrez intégrase dentro dos obxectivos de desenvolvemento sostíbel da Axenda 2030, fortalecendo a Educación, a promoción da igualdade de xénero, o empoderamento das nenas e mulleres e a inclusión, a tolerancia e o respecto.

 

Rubén Arroxo e Felipe Rivas visitaron os campamentos de Xadrez da asociación Xaquedrum