Rubén Arroxo e Javier Arias asinan o convenio de transporte metropolitano para Lugo.

Acto da sinatura do convenio
Acto da sinatura do convenio

Rubén Arroxo “este novo convenio permitirá un aforro aos usuarios e usuarias dos nove concellos da área metropolitana”

O tenente alcalde alégrase que o actual delegado da Xunta manteña os compromisos acadados na rúa Fisterra

Rubén Arroxo e Javier Arias asinan o convenio de transporte metropolitano para Lugo.

Lugo, 10 de decembro de 2020. O tenente de alcalde e responsábel da área de mobilidade, Rubén Arroxo, xunto co delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, asinaron hoxe o convenio de transporte metropolitano da área de Lugo, o que permitirá conectar este concello xunto cos de Friol, Guntín, Outeiro de Rei, Castro de Rei, Rábade, Castroverde, O Corgo e Baleira.

 

Rubén Arroxo sinalou que este convenio permitirá “manter as tarifas accesibles e unha boa comunicación en transporte público coa cidade e os nove concellos da área, o que permite que a xente conte cunha mobilidade cómoda e sostible”.A maiores, o tenente de alcalde destacou "o Concello de Lugo vese beneficiado, dado que varias parroquias as que non chega o transporte urbano municipal poderán utilizar este servizo".

 

Todos os concellos da área metropolitana financiarán xunto coa Xunta os descontos nos billetes, os transbordos e as bonificacións adicionais as persoas usuarias. Este servizo conta con máis de 7300 persoas e permite un aforro anual duns 800€ / persoa.

 

Rúa Fisterra

Rubén Arroxo agradeceulle ao actual delegado territorial continuar co compromiso acadado do anterior delegado da Xunta de Galiza, José Manuel Balseiro, respecto á supresión do tapón na Rúa Fisterra, no barrio de Albeiros.

Arroxo subliñou que “tratábase dunha petición da veciñanza e área de infraestruturas debido aos problemas que estaba a ocasionar” ao que destacou “agora a supresión é unha realidade”.

Rubén Arroxo e Javier Arias asinan o convenio de transporte metropolitano para Lugo.