O TENENTE ALCALDE E RESPONSÁBEL DA ÁREA DE MOBILIDADE DESTACOU QUE "NOS ÚLTIMOS ANOS, LUGO DEU UN PASO ADIANTE NA MELLORA DA SEGURIDADE VIAL"
Rubén Arroxo e Maite Ferreiro reúnense co Xefe Provincial da DXT "para avaliar posibles colaboracións na formación vial das nenas e nenos"
O Tenente Alcalde e responsábel da área de Mobilidade destacou que "nos últimos anos, Lugo deu un paso adiante na mellora da seguridade vial"
Arroxo: "Colaboraramos coa DXT para achegar o coñecemento sobre seguridade viaria ás escolas"
Lugo, 24 de marzo de 2024. O Tenente Alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, e a Concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, mantiveron unha xuntanza co xefe provincial da DXT en Lugo, Alberto Rodríguez Fernández para, segundo explicou Rubén Arroxo, "avaliar posibles colaboracións no futuro, mellorando a formación en seguridade vial das nenas e nenos de Lugo".
O Tenente Alcalde destacou o traballo impulsado pola DXT nos últimos anos "para mellorar a seguridade nas rúas e estradas", e destacou que "en Lugo traballamos nestes anos para aumentar a seguridade peonil e calmar o tráfico, chegando a adiantarnos á DXT en medidas como a reducción de velocidade nas rúas de un só carril".
Arroxo destacou medidas como o plan de calmado de tráfico "que permiten ás e os peóns circular pola rúa con seguridade", e afirmou que "seguimos traballando para facer de Lugo un lugar amable coas persoas que decidan deixar o coche na casa e apostar por camiñar ou polos medios de transporte alternativos".
A Tenencia de Acaldía e a DXT traballarán para "achegar coñecemento e boas prácticas sobre seguridade vial a todas as nenas e nenos do Concello de Lugo, a través de colaboracións que se farán chegar aos centros de ensino".