CRISTINA LÓPEZ: "SEGUIMOS A TRABALLAR PARA FACER DA PRAZA E DO MERCADO LUGARES DE REFERENCIA PARA O COMERCIO LOCAL, POÑENDO NOVOS SERVIZOS A DISPOSICIÓN DE TODA A VECIÑANZA PARA QUE DECIDAN ACHEGARSE A ESTAS INSTALACIÓNS A FACER AS SÚAS COMPRAS"

A Tenencia de Alcaldía continúa a mellorar as instalacións do Mercado Municipal coa apertura dunha sala de lactancia

Rubén Arroxo, Tenente Alcalde do Concello de Lugo, e Cristina López, edil de Participación visitaron as novas instalacións xunto con integrantes da asociación Arrolos ao Ar

Cristina López: "Seguimos a traballar para facer da Praza e do Mercado lugares de referencia para o comercio local, poñendo novos servizos a disposición de toda a veciñanza para que decidan achegarse a estas instalacións a facer as súas compras"

A Tenencia de Alcaldía continúa a mellorar as instalacións do Mercado Municipal coa apertura dunha sala de lactancia

 

 

Lugo, 21 de marzo de 2024. O Tenente Alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo e Cristina López, concelleira de Participación e Servizos á Veciñanza, visitaron o Mercado Municipal, onde a área de Participación vén de habilitar unha nova sala de lactancia "para aumentar os servizos dispoñibles nesta instalación municipal".

O espazo ubicado no Mercado de Quiroga Ballesteros está equipado para que as mulleres lactantes poidan atender ao coidado e ás necesidades das nenas e nenos. A sala estará dispoñible durante todo o horario de apertura das instalacións, e para utilizala, poderase pedir a chave contactando co persoal do Mercado ou en tres dos postos do Mercado: Restaurante Mangiarte, Churrería La Modernita e Quesería Gerardo.

A concelleira de Participación agradeceu "a implicación" dos distintos negocios do Mercado coa promoción deste espazo. Segundo Cristina López, "seguimos a traballar para facer da Praza e do Mercado lugares de referencia para o comercio local, poñendo novos servizos a disposición de toda a veciñanza para que decidan achegarse a estas instalacións a facer as súas compras".

O Mercado Municipal e a Praza de Abastos contan cunha importante programación de actividades para a promoción dos espazos e dos distintos negocios ubicados neles, desde obradoiros infantís para facilitar a conciliación familiar nas mañás dos sábados, ata distintos eventos como o festival de tatuaxes que terá lugar esta fin de semana no soto da Praza.

 

A Tenencia de Alcaldía continúa a mellorar as instalacións do Mercado Municipal coa apertura dunha sala de lactancia