MAITE FERREIRO: "TRABALLAMOS PARA FACILITAR AO MÁXIMO A ACCESIBILIDADE ÁS PERSOAS CON PROBLEMAS DE MOBILIDADE, TRABALLO QUE DESDE A TENENCIA DE ALCALDÍA REALIZAMOS EN TODAS AS ACTUACIÓNS"
Rubén Arroxo e Maite Ferreiro visitan as instalacións do Auditorio Fuxan os Ventos con integrantes de Auxilia

Maite Ferreiro: "Traballamos para facilitar ao máximo a accesibilidade ás persoas con problemas de mobilidade, traballo que desde a Tenencia de Alcaldía realizamos en todas as actuacións"
A área de Cultura busca "facilitar que o Auditorio Fuxan os Ventos sexa accesible para toda a veciñanza"
Lugo, 06 de febreiro de 2025. O Tenente Alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, xunto á concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, visitaron as instalacións do Auditorio Fuxan os Ventos xunto con integrantes de Auxilia para "coñecer de primeira man as necesidades do colectivo e das persoas con mobilidade reducida nesta nova instalación".
Maite Ferreiro afirmou que "é necesario continuar a traballar por un concello inclusivo, no que todas as persoas teñan unha vida o máis normal posible, independentemente das súas capacidades físicas", e engadiu "é preciso cuestións importantes para toda a veciñanza de Lugo, entre estas cuestións destacan a accesibilidade e a perspectiva de xénero para facer de Lugo un lugar amable e accesible".
A Tenencia de Alcaldía realizou xa actuacións para garantir o acceso ás persoas con mobilidade reducida, como a reserva de espazos na sala principal do auditorio ou a habilitación de prazas de estacionamento accesibles.