OLGA GARCÍA, CONCELLEIRA DO BNG EN CASTRO DE REI: "ESTAS EMENDAS SEMPRE FORON REXEITADAS POLO GOBERNO DO PARTIDO POPULAR NA XUNTA DE GALIZA"
O BNG de Castro de Rei leva varios anos presentando emendas aos orzamentos da Xunta para que se invista no abastecemento da auga neste concello

Olga García, concelleira do BNG en Castro de Rei: "Estas emendas sempre foron rexeitadas polo goberno do Partido Popular na Xunta de Galiza"
Castro de Rei, 06 de febreiro de 2025.- O Bloque Nacionalista Galego en Castro de Rei a través das súas deputadas no Parlamento Galego leva varios anos presentado como emenda aos orzamentos da Xunta de Galiza a mellora da captación, decantación, depuración e subministro da auga neste concello.
"Chámamos moito a atención que agora o Sr. Balado saía dicindo que vai pedir esas axudas á Xunta de Galiza, ou sexa a mesma proposta que o BNG xa presentou e rexeitaron", expón a concelleira nacionalista.
A incapacidade do alcalde de Castro de Rei non ten límite, sempre estivo na súa man poder solucionar este problema que se repite cada vez que chove, e non é admisible que se lle bote a culpa ás ganderías que están a facer de Castro de Rei un referente no sector agrogandeiro do País.
"Dende o BNG sabemos que con traballo e dedicación se pode solucionar o problema da auga porque nos consta que noutros concellos, onde por certo goberna o BNG, e as zonas de captación tamén son inundabeis, se conseguiu dar un servizo de calidade na subministración da auga", concluíu Garcia.