AS ACTIVIDADES ESTENDERANSE AO LONGO DO MES DE FEBREIRO, E INCLUIRÁN XORNADAS DE SENSIBILIZACIÓN E ACTIVIDADES ABERTAS

Lugo celebra o mes das persoas con enfermidades raras con actividades organizadas pola Tenencia de Alcaldía en colaboración coa Federación Galega de Enfermidades Raras e Crónicas



A Mosqueira acolleu hoxe o inicio de actividades co acendido dun alumeado especial no monumento

As actividades estenderanse ao longo do mes de febreiro, e incluirán xornadas de sensibilización e actividades abertas

Lugo celebra o mes das persoas con enfermidades raras con actividades organizadas pola Tenencia de Alcaldía en colaboración coa Federación Galega de Enfermidades Raras e Crónicas



Lugo, 06 de febreiro de 2025. A Tenencia de Alcaldía do Concello de Lugo e a Federación Galega de Enfermidades Raras e Crónicas organizan ao longo do mes de febreiro o mes das persoas con enfermidades raras que ten como obxectivo, segundo explicou a concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López "dar visibilidade ás enfermidades pouco comúns que crean grandes problemas ás persoas que as sofren polas dificultades de diagnóstico e tratamento".

As actividades comezaron hoxe, co acendido dun alumeado especial instalado na Mosqueira que fai alusión ao mes das enfermidades raras, e continuarán cunhas xornadas de visibilización e sensibilización, dirixidas aos centros de ensino, que terán lugar ao longo do día 20 no Vello Cárcere.

O día 28, día das Enfermidades Raras, instalarase unha mesa informativa durante toda a xornada na praza Maior, e a partir das 13h procederase á lectura do manifesto diante do Concello. O HULA acollerá unha mesa de debate sobre a relevancia da xenética e o cribado neonatal nas persoas con enfermidades raras. A xornada rematará cun encontro de apoio ás enfermidades raras, que comezará ás 17:·0 cunha andaina pola Murallla e rematará cunha nova lectura do manifesto e a actuación musical da Tambukda.

Baixo o termo de enfermidade rara inclúense de forma maioritaria as enfermidades de orixe xenética, con cifras de entre 5.000 e 7.000 enfermidades diferentes. Non existe unha única lista destes miles de enfermidades de orixe ambiental, ao existir diferentes formas de entender este tipo de enfermidades.

Lugo celebra o mes das persoas con enfermidades raras con actividades organizadas pola Tenencia de Alcaldía en colaboración coa Federación Galega de Enfermidades Raras e Crónicas