O TENENTE ALCALDE INDICOU QUE ESTAS XORNADAS "DAN A COÑECER AS OPORTUNIDADES E ENCANTOS DE LUGO, ASÍ COMO A CALIDADE ACADÉMICA DO CAMPUS TERRA"

Rubén Arroxo participa na presentación do LII Seminario de Horticultura que se celebra no Campus Terra de Lugo

O Tenente Alcalde indicou que estas xornadas "dan a coñecer as oportunidades e encantos de Lugo, así como a calidade académica do Campus Terra"

 

O Campus de Lugo porá en valor a importancia do cultivo de pataca en Galiza nun foro coordinado pola Escola Politécnica Superior de Enxeñaría que se desenvolverá do 18 ao 22 de setembro

 

Rubén Arroxo participa na presentación do LII Seminario de Horticultura que se celebra no Campus Terra de Lugo


Lugo, 18 de setembro de 2023. O Tenente Alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, acudiu esta mañá á presentación do LII Seminario de Técnicos e Especialistas en Horticultura que acollerá a Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus Terra entre os días 18 e 22 de setembro.

Neste seminario darase conta dos últimas investigacións e ensaios realizados no ámbito da horticultura que porán en valor o cultivo de pataca en Galiza, un sector produtivo que, segundo Rubén Arroxo, "é fundamental para a economía galega e para o autoconsumo de toda a poboación do país, polo que é preciso dar a coñecer estes estudos que melloran a súa práctica no día a día".

Este foro escolleu a cidade de Lugo para a súa LII Edición, logo de pasar por diversas localizacións de todo o estado, algo que "supón un orgullo para a cidade ao acoller eventos deste nivel que poñen en valor e dan a coñecer as oportunidades e encantos de Lugo, así como a calidade académica do Campus Terra", explicou Arroxo.

Rubén Arroxo participa na presentación do LII Seminario de Horticultura que se celebra no Campus Terra de Lugo