O PORTAVOZ DO BNG AFIRMOU QUE "MENTRES LUGO ESTÁ A POÑER EN VALOR O MONUMENTO MÁIS IMPORTANTE DA CIDADE, A XUNTA DÉIXANOS UNHA VEZ MÁIS DE LADO"
Rubén Arroxo: "A pouco máis dunha semana para o 25 aniversario da declaración como patrimonio da Humanidade, 106 luminarias do adarve da Muralla están apagadas"
Para Arroxo, "isto é un novo exemplo do abandono da Xunta a Lugo"
O portavoz do BNG afirmou que "mentres Lugo está a poñer en valor o monumento máis importante da cidade, a Xunta déixanos unha vez máis de lado"
O portavoz do BNG afirmou que "mentres Lugo está a poñer en valor o monumento máis importante da cidade, a Xunta déixanos unha vez máis de lado"
02 dec. 2025 - 10:29
Lugo, 19 de novembro de 2025. Rubén Arroxo, portavoz do BNG e Tenente Alcalde do Concello de Lugo reclamou á Xunta de Galiza que acenda a totalidade do alumeado da Muralla de Lugo. Arroxo explicou que "a pouco máis dunha semana para conmemorar o 25 aniversario da súa declaración como Patrimonio da Humanidade, 106 luminarias do adarve permanecen apagadas, a pesares de que moitas persoas fan uso deste espazo durante a noite".
Rubén Arroxo afirmou que "Lugo está a traballar en poñer en valor o monumento máis importante da cidade, mentres que a Xunta de Galiza, como responsable do seu mantemento, deixa de lado o mantemento do alumeado da Muralla". Segundo Rubén Arroxo, "o bo estado do noso monumento faise máis importante nestas datas, cando estamos a piques de celebrar un momento histórico", explicou.
Arroxo esixiu á Xunta de Galiza a cumprir "e poñer en valor a Muralla, que representa non só un ben histórico senón tamén un gran recurso turístico e cultural, ao ser a única muralla romana que se conserva completa".
O portavoz do BNG afirmou que "este é un novo exemplo da discriminación da Xunta a Lugo", e afirmou que "a falta de mantemento da Muralla únese ao olvido ao que ano tras ano nos somenten nos orzamentos ou á ínfima colaboración da Xunta de Galiza con outro dos eventos máis importantes da cidade, as festas do San Froilán".