O BNG LEVARÁ ESTÁ PROPOSTA AO PLENO DA CORPORACIÓN PARA UNIR A CIDADE COS MÁIS DE 40 KM DE SENDEIROS QUE TEN O ENTORNO DO MIÑO

Rubén Arroxo propón enlazar a cidade coa rede de sendeiros do Miño a través de dúas pasarelas

IMG_6982

Arroxo afirmou que se trata dun proxecto alternativo e eficiente á proposta do PSOE de gastar 1 millón de euros nunha pasarela inútil con columnas dóricas

Rubén Arroxo propón enlazar a cidade coa rede de sendeiros do Miño a través de dúas pasarelas

Lugo, 29 de outubro de 2018. O voceiro do BNG no concello de Lugo, Rubén Arroxo, presentou hoxe un proxecto para unir o centro da cidade co entorno do río Miño dentro do Plan EDUSI. Arroxo presentou un proxecto para crear dúas pasarelas, unha delas entre o aparcadoiro do Pazo Municipal de Deportes e o parque Marcos Cela e a outra entre este mesmo parque e o paseo do Miño. Arroxo presentou as infografías nas que se recolle o que sería a ubicación das pasarelas e o seu enlace coa rede de sendeiros fluviais.

Arroxo explicou que, grazas a este proxecto, Lugo conseguiría conectar a cidade cos máis de 40 km de sendeiros que rodean o río Miño “algo que non existe en ningún lugar do estado por que ningunha cidade do estado que dende o propio casco histórico se poida acceder a máis de 40 km de sendeiros fluviais”.  A ubicación das pasarelas propostas polo BNG permitiría acceder camiñando ou en bicicleta aos sendeiros do río Miño sen ter que circular a través dunha ruta peonil sen ter que circular por vías polas que circulan vehículos a motor.

Rubén Arroxo sinalou que “os 12,5 millóns do EDUSI permitirían financiar a construción dunha das pasarelas e a outra podería facerse chegando ao un acordo co Ministerio de Fomento”. Arroxo lembrou que “este Ministerio leva moitos anos se facer investimentos en Lugo e agora está gobernado polo mesmo partido que o concello de Lugo o cal debería, en principio facilitar as cousas”.

Arroxo afirmou que se trata dun proxecto alternativo e eficiente á proposta do PSOE de gastar 1 millón de euros nunha pasarela inútil con columnas dóricas. O voceiro do BNG avanzou que “é un proxecto interesante que levaremos ao Pleno da Corporación por que entendemos que é bon para Lugo e que todos os grupos lle darán o seu apoio para poder darlles contido aos investimentos que se fagan con eses 12,5 millóns de euros”.

Rubén Arroxo propón enlazar a cidade coa rede de sendeiros do Miño a través de dúas pasarelas